INFRAESTRUTURAS
O BNG pide incluír no proxecto da autovía o enlace ao polígono de Vimianzo
Considera que "é prioritario" e tamén crear un acceso á capital local

O acceso ao polígono vimiancés está previsto no proxecto, pero non a súa construción. / SEA
O BNG de Vimianzo solicitará o apoio do pleno para instar á Xunta a modificar o proxecto da primeira fase da prolongación da autovía da Costa da Morte, no treito Santa Irena – AC-432, actualmente en fase de licitación.
Os nacionalistas consideran que, tal e como está formulado, «prexudica gravemente os intereses económicos, territoriais e de mobilidade do concello, ao non incluír o enlace previsto no lugar do Foxo co vial de acceso ao parque empresarial e á propia vila de Vimianzo, unha infraestrutura clave para garantir a competitividade do tecido produtivo».
O voceiro do BNG, Benjamín Queiro, sinala que «é prioritario dar acceso a unha infraestrutura estratéxica e habilitar unha nova entrada á vila que evite saturar o cruce de Camariñas». Advirte ademais de que non incluír agora este enlace «encarecería enormemente a execución futura».
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado