Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Outes entra na Rede Galega de Teatros e Auditorios

Farao o 14 de febreiro acollendo a peza de novo circo Kote Malabar, da compañía Cirkote

O alcalde de Outes, Francisco Calo, co director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, suxeitando a placa que identifica o auditorio como escenario da Rede.

O alcalde de Outes, Francisco Calo, co director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, suxeitando a placa que identifica o auditorio como escenario da Rede. / s

Outes

O auditorio da casa da cultura de Outes estréase o 14 de febreiro como escenario da Rede Galega de Teatros e Auditorios coa peza de novo circo Kote Malabar, da compañía Cirkote.

O municipio incorpórase así ao circuíto de espectáculos promovido pola Xunta en colaboración con 42 entidades locais a través dunha programación que levará á vila en febreiro outras dúas propostas producidas en Galicia: Reconversión, de Ibuprofeno Teatro, o día 21, e a peza de danza Bailar agora, de Marta Alonso Tejada, o día 28.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou esta mañá o espazo e fíxolle entrega ao alcalde, Francisco Calo Abelleira, dunha placa que identifica o recinto como escenario da Rede, sumando butacas ás preto de 18.500 coas que conta neste momento o circuíto cultural autonómico.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que participou na presentación da nova actividade canda o rexedor municipal, subliñou a importancia da colaboración institucional para lle ofrecer ao público de todo o territorio espectáculos de xeito próximo e coas condicións óptimas para espectadores e artistas.

Tracking Pixel Contents