Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O pleno de Ames debaterá o plan estratéxico de axudas 2026-2027

Tamén tratarán a solicitude de adhesión á rede de entidades locais gandeiro cárnicas depndentes da FEMP e dúas mocións do BNG para a recuperación e sinalización do trazado do Camiño de Santiago a Fisterra

Salón de plenos de Ames.

Salón de plenos de Ames. / Cedida

Ames

A Corporación municipal de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro o vindeiro xoves, no que debaterá sobre a aprobación do plan estratéxico de subvencións para o período de 2026-2027.

A duración de dito plan, que contempla un gasto anual de 621.500 euros en concepto de axudas municipais, será de dous anos prorrogables por un máis mediante acordo expreso do pleno da Corporación.

Na sesión plenaria tamén abordarán a solicitude de adhesión á rede de entidades locais gandeiro cárnicas dependentes da FEMP, e o convenio de colaboración para presentar de xeito agrupado unha solicitude de subvención para realizar un proxecto común para o desenvolvemento de plans de prevención de condutas aditivas.

Ademais, debateranse dúas mocións do BNG para a recuperación e sinalización do trazado histórico alternativo do Camiño de Santiago a Fisterra entre o Alto do Vento e o núcleo de Ventosa, e para a creación e regulación dun recargo no Imposto de Bens Inmobles (IBI) para vivendas desocupadas con carácter permanente. Por último, abordarase unha proposta do PP de Ames solicitando unha actuación inmediata e definitiva na piscina descuberta do Milladoiro ante «anos de abandono, improvisación e mala xestión».

Tracking Pixel Contents