FORMACIÓN
A Universidade Sénior volve a Zas con tres módulos formativos
As persoas maiores de 50 anos poden inscribirse ata o 5 de febreiro

Unha das sesións formativas da Universidade Sénior en Baio. / C. Zas
A Universidade Sénior da Costa da Morte volve a Zas. Xa está aberto o prazo de inscrición para a oitava edición dun programa dirixido a persoas maiores de cincuenta anos.
As sesións terán lugar durante os meses de febreiro e marzo no centro sociocultural de Baio, e serán impartidas por profesorado da Universidade da Coruña (UDC). O programa estrutúrase en tres grandes módulos: Humanidades e Ciencias Sociais, Ciencias da Terra e Tecnoloxía e Ciencias da Vida e da Saúde, ofrecendo unha formación variada e adaptada aos intereses do alumnado.
O prazo de inscrición, totalmente gratuíto, permanecerá aberto ata o 5 de febreiro. As clases desenvolveranse en horario de 17.00 a 19.00 horas, dous días á semana. As persoas interesadas poderán formalizar a inscrición online a través da páxina web https://universidadesenior.org/costa-da-morte/ ou de forma presencial a través dos axentes de desenvolvemento local dos concellos.
O alcalde, Manuel Muíño, asegura que «a Universidade Sénior é un exemplo de como o acceso ao coñecemento non entende de idades e de como desde Zas somos quen de ofrecer programas de calidade que atraen participación máis alá do noso propio concello». Na última edición participaron máis de sesenta persoas.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover