A Xunta salienta en Outes os procesos de produción sustentables na industria forestal
O director da Xera, Alfredo Fernández Ríos, visitou as instalacións dunha firma da localidade coruñesa onde levan a cabo a reciclaxe da madeira procedente das bateas

Fernández Ríos, á dereita, durante a súa visita á empresa outiense. / Cedida
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, subliñou en Outes a aposta da industria forestal galega pola descarbonización do sector a través da implantación de procesos de produción sustentables baseados na economía circular.
Fernández Ríos realizaba estas declaracións tras visitar a firma Hijos de Vicente Súarez, unha empresa constituída en 1986 e dedicada ao serrado e elaboración de pezas de madeira de eucalipto de grandes dimensións que recentemente engadía unha segunda liña de traballo: a reciclaxe da madeira procedente das bateas de mexillón.
O director da Xera explicou que a reutilización da madeira das bateas permite obter "un produto único" para o seu emprego en usos construtivos ou para a decoración de interiores cunha importante variedade de produtos para envolventes, paramentos, remates e mobiliario.
“A reciclaxe da madeira das bateas permite darlle unha segunda vida cun importante valor engadido como é a redución da pegada de carbono ademais de ser un excelente exemplo de economía circular, máis sustentable e competitiva”, subliñou Fernández Ríos.
Por outra banda, tamén lembrou que Hijos de Vicente Suárez fai uso da ferramenta Fortra (Trazabilidade Forestal), a plataforma dixital impulsada pola Xunta para que as empresas forestais e os consumidores poidan dar trazabilidade aos produtos baseados en madeira, rexistrando as operacións realizadas por todas as empresas que forman parte do proceso de transformación, dende que sae do bosque ata que chega ao mercado.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado