PARLAMENTO
A Xunta pon en valor as 267 rutas de transporte na Costa da Morte
O PSOE esixe "datas e garantías" para aumentar prazas en Bergantiños

Estación de Autobuses de Carballo. / Páxinas Galegas
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, puxo en valor no Parlamento a oferta de transporte interurbano na Costa da Morte, cun total de 267 rutas.
Destacou os 58 servizos diarios, de luns a venres, entre Carballo e A Coruña, e os 30 na fin de semana. «Cada día laborable habilítanse máis de 950 prazas no servizos directos», explicou. O número de viaxeiros pasou de 235.000 en 2023 a máis de 290.000 en 2025.
Calvo lembrou ademais que, «sempre que é factible, e na medida dos recursos dispoñibles, a Xunta adecúa os servizos ás necesidades dos viaxeiros, creando novas liñas, incrementando as frecuencias, axustando horarios e aumentando a capacidade dos autobuses».
Aclarou tamén que, tanto na Costa da Morte como no resto de Galicia, «o transporte escolar está garantido con praza asignada e horarios axustados aos centros de ensino».
Pola súa banda, a deputada do PSdeG-PSOE Patricia Iglesias acusou a Consellería de Infraestruturas de «incumprir as promesas» para reforzar as liñas que unen Bergantiños con Santiago e «resolver o problema estrutural» do transporte público por estrada.
Por iso, os socialistas esíxenlle ao Goberno galego «datas e garantías» para incrementar as prazas de autobús na comarca de Bergantiños.
Iglesias dixo que a comarca "está farta de chapuzas, de improvisacións e de sentirse tratada como un territorio de segunda", como resume a situación "da estación pantasma de Carballo, que permanece abandonada, sen oficina, sen información e dando medo á noite".
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros