A alianza dos praceiros carballeses
Poñen en marcha un plan de dinamización do mercado, que comeza con sorteos, charlas e degustación de petiscos
Lanzan unha tarxeta de fidelización con 1.400 euros en vales

Sentados, pola esquerda, Óscar Vázquez, Ramón Varela, Daniel Pérez e Ángeles Bello, cos praceiros e praceiras. / Cedida
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e o edil de Feiras e Mercados, Ramón Varela, presentaron o plan de dinamización do mercado municipal, iniciativa que busca reforzar o vínculo entre a veciñanza e a praza de abastos, favorecer o comercio de proximidade e impulsar unha programación estable de accións ao longo do ano.
O plan de dinamización inclúe a posta en marcha dunha tarxeta de fidelización coa que a clientela poderá conseguir selos por cada compra realizada nos postos do mercado. Ao completar 21 selos, a persoa participante poderá depositar a tarxeta na urna instalada na entrada e entrar no sorteo final, que se celebrará en decembro.
Os premios consisten en vales de compra para gastar nos postos do mercado. Sortearanse un primeiro premio de 700 € en vales de compra de 50 €; un segundo, de 420 €, en vales de 30 €;e un terceiro, de 280 €, en vales de 20 €.
O plan estenderase ao longo de todo o ano en colaboración con todos os postos, tanto interiores como exteriores, incluídas as asociacións do ámbito social que teñen as súas sedes provisionais no edificio. O obxectivo é que cada mes se desenvolva como mínimo unha actividade vinculada a algún dos sectores comerciais da praza.
A primeira proposta do plan de dinamización comeza este luns día 2. Ata o 12 de febreiro, por cada compra en calquera dos postos do mercado entregarase un vale que dará dereito a probar os Petiscos do Entroido, elaborados con produtos típicos da época.
O venres 13 sortearase unha cesta de Entroido con produtos dos distintos postos do mercado. Por cada compra entregarase un boleto que a clientela deberá cubrir e depositar nunha urna que estará situada na entrada da rúa Gran Vía a partir do martes 3.
O sábado 14, dentro da xa tradicional campaña Carballo levámolo dentro, por cada 25 euros de compra entregaranse unha bolsa de tea e un pin (tíckets acumulables do 2 ao 14 de febreiro, que poderán entregarse na conserxaría o venres 13 e o sábado 14).
Xa en marzo, o día 2 comezará a terceira edición da aula formativa para persoas adultas, na que se abordan cada semana cuestións relacionadas co consumo, o medio ambiente, a saúde e os servizos públicos. A inscrición pode facerse a través da web carballo.gal a partir deste luns 2.
Marzo é o mes das persoas consumidoras, e para celebralo sortearanse 10 carriños da compra o día 15. Os boletos poderán conseguirse con cada compra no mercado entre o 2 e o 14 de marzo.
O martes 31 de marzo e o mércores 1 de abril, por cada compra entregarase un boliño de Pascua.
E en abril realizaranse accións relacionadas coa promoción de hábitos de vida saudable.
Ángeles Bello preside a nova asociación sectorial da praza
No acto no que se divulgou o plan de dinamización presentouse tamén a asociación A Praza, que nace co obxectivo de representar o sector e colaborar na mellora e promoción do mercado municipal. A presidenta, Ángeles Bello, puxo en valor «a unión e o compromiso dos profesionais da praza».
«Este colectivo nace para sumar, propoñer e facer do mercado un espazo aínda máis próximo, participativo e atractivo», engadiu.
O tesoureiro da entidade, Óscar Vázquez, sinalou que «o mercado ten moita vida e moita calidade, e o que facemos coa asociación é crear unha ferramenta común para organizar iniciativas, apoiar a dinamización e defender un modelo de compra responsable e de proximidade».
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda