Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Profesorado do IES Fernando Blanco de Cee denuncia "graves deficiencias estruturais" nas instalacións

Alertan de filtracións de auga nas aulas, cubertas deterioradas e unha rede eléctrica obsoleta

Estado dunha das estruturas metálicas do instituto.

Estado dunha das estruturas metálicas do instituto. / Cedida

Cee

A maioría de profesores e profesoras do IES Fernando Blanco de Cee asinaron un manifesto no que denuncian a «situación de inacción prolongada das administracións ante as graves deficiencias estruturais que padece o centro».

Reclaman actuacións «urxentes, planificadas e decididas» e denuncian, entre outras deficiencias, que «os tellados do edificio principal precisan dunha profunda reforma, xa que existen filtracións de auga que chegan ás aulas; a estrutura metálica que cobre o paso exterior que comunica o edificio principal cos anexos atópase oxidada e deteriorada, sostendo placas de uralita cubertas de maleza; e existen graves deficiencias no sistema eléctrico, especialmente no edificio do taller de Automoción, onde saltan con frecuencia os automáticos e os diferenciais".

Engaden que "a iluminación exterior do centro non está adaptada á humidade e non pode utilizarse en días de choiva sen risco de curtocircuíto" e que "o quecemento das instalacións é claramente insuficiente e obsoleto".

Por outra banda, sinalan que "a maioría das aulas do centro están masificadas; hai máis dun curso académico que non se cubre unha praza vacante en conserxería; e as condicións do tráfico na contorna do centro, sobre todo en períodos de grande afluencia, supoñen un risco evidente para a comunidade educativa".

Tracking Pixel Contents