Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Acusan ao rexedor de Santa Comba de rebaixar a débeda coas axudas acumuladas doutras administracións

O PP di que a redución dos 1,6 millóns ven dos cartos procedentes do IDAE, Europa, da Xunta e da Deputación da Coruña

Lembran que María Pose deixou o período de pago a provedores de 38,45 días, e que hoxe é de como mínimo 114 días

A Corporación de Santa Comba reunida en sesión plenaria

A Corporación de Santa Comba reunida en sesión plenaria / Concello

Santa Comba

O PP de Santa Comba vén de amosar o seu rexeitamente aos datos ofrecidos polo goberno socialista de Santa Comba, co seu alcalde Alberto Romar á fronte. Así, o pleno aprobou a conta xeral 2024, que pecha cun remanente negativo de Tesourería de 1.219.126 euros. "O alcalde presume da mellora das contas grazas á súa boa xestión porque mellorou as arcas municipais que no ano anterior amosaban un déficit de 2.823.970. A maiores achaca ese balance negativo á xestión de María Pose, sobre todo no ano electoral de 2023", di o PP, negando a maior.

Así, os populares explican que "o que non conta o alcalde de Santa Comba é que no exercicio de 2024 as arcas municipais ingresaron 970.000 euros procedentes do IDAE, ós que se suman cartos de Europa, da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña, por un valor próximo en total dese 1,6 millóns que presume que se aforraron pola súa xestión e que se xustificasen a tempo entrarían, parte deles, no balance de 2023".

Ademais, o PP indica que "para ser máis claros, os gastos de 2023 foron de 8.751.452 euros e os de 2024 de 8.932.786 euros con unha diferencia moi clara, no último exercicio incrementouse o gasto de Persoal en 756.700 euros e as inversións para os veciños caeron en 541.000 euros", concluíndo con que "as verdades a medias sempre son grandes mentiras. E neso en Santa Comba temos un especialista que se chama Alberto Romar".

Débeda

Ao fío, as mesmas fontes lembran que "cando María Pose perdeu as eleccións deixou unha débeda de 388.788,41 euros de facturas impagadas con un período de pago a provedores de 38,45 días no último trimestre, que hoxe en día é de como mínimo 114 días". Tamén lamenta a oposición que Romar preséntase nas redes "como valedor doutras actuacións xestionadas polo anterior equipo de goberno como a mellora do acceso suroeste do polígono industrial, a renovación de trece paradas de autobús, a reforma integral do Colexio Barrié de la Maza, actuaciones de naturalización de espacios urbanos na loita contra o cambio climático, o obradoiro de emprego Constrúe en Verde ou a parcelaria de Freixeiro na que participaron todos os alcaldes da democracia menos Alberto Romar". Ao seu xuizo, "a verdade, que é moi terca, é que María Pose deixaba gran cantidade de proxectos pendentes de execución que quedaban do seu último período de xestión".

E, do mesmo xeito, lembran que os anteriores mandatarios locais tamén deixaron actuacións deseñadas, aprobadas e con financiación en firme durante os seus gobernos por un importe de 2,3 millóns de euros, só en plans provinciais. "Alberto Romar presume de xestión pero non tivo máis que deixar que os funcionarios e as administracións financiadoras seguisen cos procesos, o cumprimiento dos plazos legalmente establecidos e a execución das actuaciones herdadas", rematan no PP.

Tracking Pixel Contents