Emotiva homenaxe en Cee a Cocha Seoane, directora de Aspadex durante máis de catro décadas
Recibiu o recoñecemento á súa dedicación, compromiso e traxectoria á fronte da asociación de persoas con discapacidade intelectual

Concha Seoane López, dereita, tras descubrir a placa co seu nome no acto celebrado en Cee. / Cedida
A Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual de Cee (Aspadex) rendeulle este sábado unha emotiva homenaxe a Concha Seoane López, directora da entidade durante máis de catro décadas e recentemente xubilada, en recoñecemento á súa dedicación, compromiso e traxectoria profesional e humana á fronte da asociación.
No marco dun acto institucional que tivo lugar no centro de Aspadex en Cee, e que estivo presidido pola alcaldesa, Margarita Lamela, Concha Seoane descubriu unha placa conmemorativa en recoñecemento ao seu labor, coa presenza de autoridades e representantes institucionais, así como do equipo da entidade.
Posteriormente, terá lugar unha comida-homenaxe no restaurante A Lagoa de Vimianzo, que reuniu un amplo número de persoas vencelladas á historia e ao proxecto de Aspadex, como mostra de agradecemento colectivo pola traxectoria de Concha Seoane López.
Desde a entidade destácase que "este acto pretende poñer en valor o legado de Concha Seoane, a súa implicación social e o papel fundamental que desempeñou no desenvolvemento e consolidación da entidade ao longo destes anos".
O acto contou tamén coa participación da deputada provincial Mónica Rodríguez e de varios alcaldes, alcaldesas e representantes de entidades da Costa da Morte.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros