Ángeles Vázquez salienta en Melide o papel das asociacións de mulleres na defensa de intereses colectivos
A conselleira participou na entrega de premios a Asociacións e Mulleres con Luz

Autoridades e galardoadas, no acto celebrado en Melide. / Cedida
Redacción
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo este domingo en valor o papel das asociacións de mulleres na defensa de intereses colectivos durante a súa participación na entrega de premios a Asociacións e Mulleres con Luz, celebrado en Melide.
Nese senso, a conselleira, que estivo acompañada da directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, enxalzou o traballo que levan a cabo entidades como a Asociación de Mulleres Rurais da Comarca de Melide Alecrín, promotora destes galardóns e do encontro de entidades no marco do que tivo lugar, para contribuír ao empoderamento e conseguir que “a voz das mulleres do rural se escoite máis forte”.
“Nunha asociación coñecemos casos similares ao noso, compartimos experiencias de éxito e de fracaso, e podemos atopar solucións”, subliñou Ángeles Vázquez, quen engadiu que “o asociacionismo fainos máis fortes cos mesmos recursos”.
Ademais, no rural, estas asociacións serven como espazo de encontro con capacidade de organización e convocatoria para desenvolver accións e iniciativas que promovan o benestar social e o desenvolvemento económico que contribúan a fixar poboación e a mellorar a calidade de vida nesas áreas.
Nesa liña, Ángeles Vázquez indicou que o seu departamento está a traballar para garantir que ese desenvolvemento sexa respectuoso co medio ambiente garantindo a protección da biodiversidade, impulsando unha xestión sostible do territorio, promovendo a economía circular e apostando polos produtos de proximidade.
- Todo lo que tienes que saber sobre el Carnaval en Santiago: horarios, concursos, desfiles y más
- Gallinas en las aulas: el Entroido convierte una escuela infantil de A Pobra en una granja
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Juzgan a una agente bancaria de Monterroso (Lugo) por estafar 250.000 euros a sus familiares
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- Oportunidad en Santiago de Compostela: ático a menos de 200 metros de la Catedral
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida