O PSOE da Laracha denuncia o "caos e inseguridade" na contorna do colexio Otero Pedrayo por mor dunhas obras
Sinala que os peóns vense obrigados a transitar por un terreo enlamado e que se rexistran continuos atascos e cortes de tráfico
O alcalde nega que haxa barro na calzada e di que as retencións debéronse á folga do transporte escolar

Atascos na contorna do colexio Otero Pedrayo da Laracha. / Cedida
A voceira municipal do PSOE da Laracha, Inés Ramos, denunciou o estado "lamentable e perigoso" no que se atopa a contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo. Unha situación que este venres foi "crítica" coincidindo coas precipitacións, que converteron as zonas en obras lindeiras ao colexio "nun auténtico lodazal".
Inés Ramos sinalou que "o que se vive hoxe non é un feito illado, senón unha situación recorrente sempre que chove. A execución das obras ao carón do centro educativo, sumada á falta de medidas de drenaxe e organización, está a provocar graves problemas de mobilidade e seguridade".
Segundo explica, o terreo está completamente enlamado, o que dificulta o paso das familias e dos escolares. "É intolerable que nenos e nenas teñan que sortear pozas de lama e auga para acceder ao seu centro de ensino", afirma a voceira socialista.
A esta situación súmase, segundo a edil, "o caos circulatorio". "Durante a xornada deste domingo rexistráronse importantes atascos e cortes de tráfico que colapsaron os accesos. A falta de sinalización adecuada e de alternativas viarias está a xerar situacións de tensión e perigo nunha zona de alta densidade peonil, especialmente en horario escolar", indica.
O PSOE da Laracha insta o Goberno local a actuar de inmediato. "As obras son necesarias, pero a súa execución non pode realizarse de costas á realidade do centro educativo nin poñendo en risco a seguridade viaria", apunta Ramos.
Tamén reclama que se reforce a seguridade viaria, con presenza policial ou persoal de organización, especialmente nos momentos de entrada e saída do alumnado, e que se garanta que as empresas adxudicatarias !cumpran coas medidas mínimas de mantemento e limpeza da contorna durante todo o tempo que duren os traballos".
Pola súa banda, o alcalde, José Manuel López, dixo en declaracións a este xornal que na contorna do colexio "houbo hai uns días unhas obras para adaptar o terreo con vistas a unha próxima actuación e para buscar saída ás augas pluviais, pero non hai barro na calzada".
Respecto ás retencións, di que "na actualidade non me constan, aínda que si as houbo coincidindo coa folga no transporte escolar, pois os familiares dos 600 alumnos do colexio tiveron que levalos a clase en coches particulares".
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado