FORMACIÓN
A aula CeMIT de Carballo aspira a ser a de «referencia» en Galicia
O alcalde, Daniel Pérez, asegura que é "un recoñecemento ao traballo realizado"

O alcalde, á esquerda, durante a visita á Aula CeMIT de Carballo. / C. C.
A aula CeMIT de Carballo é candidata a aula de referencia do 2026 en Galicia, tras ser seleccionada pola Comisión de Seguimento Extraordinaria do Convenio de Colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Federación de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a xestión do Plan de reforma e ampliación da rede de aulas CeMIT cara a plena capacitación dixital da sociedade galega 2022-2025.
Este nomeamento supón «un recoñecemento ao traballo realizado. A aula CEMIT leva anos ofrecendo formación dixital de calidade, adaptada ás necesidades reais da veciñanza. Optar a aula de referencia pon en valor ese esforzo continuado e o bo facer do equipo formador», destacou o alcalde, Daniel Pérez, quen visitou a aula acompañado polo concelleiro de Innovación, Iván Andrade, e pola técnica responsable da aula, Milagros Antelo.
Andrade explicou que o nomeamento como aula de referencia permitiría «reforzar o seu papel na loita contra a fenda dixital, chegando a máis persoas maiores, desempregadas, mocidade ou colectivos con especiais dificultades de acceso ás tecnoloxías», ao tempo que facilitaría a incorporación de «novos recursos, metodoloxías e proxectos piloto, situando Carballo á vangarda da formación tecnolóxica».
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde