PATRIMONIO
Plan para protexer e valorizar un cruceiro en Camariñas
O Concello pretende pavimentar, iluminar e peatonalizar a contorna

Cruceiro ubicado no lugar ao que dá nome na parroquia de Xaviña. / Cedida
O Concello de Camariñas presentou un proxecto para a protección e posta en valor dun cruceiro no lugar de Cruceiro, na parroquia de Xaviña. A actuación conta cun orzamento de 59.943,50 euros e o goberno local acordou solicitar unha subvención á Deputación da Coruña, dentro do seu programa para a posta en valor de Bens de Interese Cultural, para financiar os traballos.
O cruceiro, de catro metros de altura e do que non se coñece a súa antigüidade, atópase moi próximo á estrada AC-432, de Vimianzo a Camariñas, e sitúase na confluencia de dous vías con paso de vehículos, o que fai que actualmente estea desprotexido e sexa vulnerable a sufrir danos.
Bancos de pedra
O obxectivo do Concello "é poñer en valor o cruceiro, outorgándolle o protagonismo que merece". Así, renovarase a pavimentación e a iluminación, peatonalizar a zona, e a retirada e colocación nun novo punto dos contedores. Colocaranse tres bancos de pedra sen respaldo e catro xardineiras.
Desde o goberno local explican que se escolleu este cruceiro e non outro xa que "a axuda provincial só podía solicitarse para Bens de Interese Cultural que sexan propiedade do Concello, e non hai moitos". Ademais, engande, "o PXOM xa o marca como elemento a protexer”, sinala.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro