Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Doazón de alimentos cunha Zumba Class Solidaria celebrada en Boqueixón

Máis dun cento persoas déronse cita na fin de semana no pavillón municipal do Forte

Os participantes de todas as idades achegaron alimentos non perecedoiros

Algúns dos participantes na exhibición de Zumba Solidaria que acolleu Boqueixón

Algúns dos participantes na exhibición de Zumba Solidaria que acolleu Boqueixón / Concello

Boqueixón

Máis dun cento persoas déronse cita a pasada fin de semana no pavillón municipal do Forte para participaren nunha Zumba Class Solidaria, unha iniciativa organizada polo Concello de Boqueixón diante do éxito acadado polas tres primeiras edicións.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, agradeceu a colaboración solidaria das persoas participantes, que achegaron alimentos non perecedoiros. Un público de diferentes idades e que desfrutou coas distintas coreografías preparadas para a ocasión por oito monitoras de zumba procedentes tanto de Boqueixón como doutros municipios da contorna.

Más de dúas horas

A masterclass de Zumba tivo lugar durante algo máis de dúas horas nas instalacións do pavillón municipal do Forte. Unha iniciativa xurdida da iniciativa de persoas da actividade de zumba das escolas deportivas municipais no ano 2023 e que foi recollida e organizada polo departamento de Deportes do Concello de Boqueixón dende 2024.

Tracking Pixel Contents