POLÍTICA MUNICIPAL
Os socialistas de Muxía propoñen 25 actuacións para incluír no POS
Melloras viarias, saneamentos e equipamentos son as principais demandas

Concelleiros socialistas en Leis, onde presentaron as propostas. / PSOE
O PSOE muxián presentaron no núcleo rural de Leis o documento 25 propostas para mellorar o Concello de Muxía, que inclúe actuacións nas parroquias rurais e no nucleo urbano para que o goberno inclúa as que consideren oportunas dentro do POS+2026.
As propostas están centradas en catro tipo de infraestructuras: viarias, de saneamento, de núcleos e de equipamentos. Entre elas figuran as renovación dos lugares interiores de Vilarmide, Calo ou Agrodosío; as depuradoras en Muxía, Senande ou Os Muíños; o novo firme e aglomerado das estradas Baltar-Añobres, Sinagoga-Buiturón-Bardullas ou os accesos ao núcleo de Sorna.
Campo de fútbol e polideportivo
Os socialistas propoñen tamén a renovación integral das instalacións do campo de futbol da Arliña ou o polideportivo municipal, así como as pistas deportivas en Morpeguite ou Senande; dotar de firmes novos o Camiño da Pel ou o Paseo do Coído; a mellora do alumeado público ou novas fases das beirarúas de Os Muíños ou rúas de Frixe entre outras moitas.
"Quixemos presentalas nunha comisión informativa, pero BNG, PP e Independentes negáronse e impediron a que as expuxésemos para tratalas e debatilas", afirma Iago Toba, portavoz socialista, quen resalta que igualmente as fixeron chegar ao goberno mediante rexistro oficial no Concello de Muxía.
"Nunca renunciaremos a propoñer ideas para mellorar a vida dos nosos veciños, e para eso nacen iniciativas como estas. Nós só temos unha finalidade en política: mellorar Muxía e denunciar este goberno da parálise", afirma o concelleiro socialista Javier Romar.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago