PLENO
Dumbría mellora viarios e renova a cuberta do pavillón con fondos do Plan Único
O Concello recibirá 372.372 € froito do convenio con EDP Renovables

Casa consistorial de Dumbría. / Cedida
A Corporación de Dumbría aprobou, por unanimidade, os proxectos incluídos no Plan Provincial de Obras e Servizos (POS 2026). O Concello adicará 297.638,62 euros á mellora do núcleo de Prado e o acondicionamento do viario de San Crimenzo.
Ademais, destinará a gasto corrente 367.970 euros dos fondos provinciais. E con cargo ao Plan Complementario, o Concello renovará a cuberta do pavillón polideportivo do Conco, adicando a tal fin 220.234 € das axudas da Deputación da Coruña, segundo informou o alcalde, Raúl González.
Convenio con EDP Renovables
A maiores, a Corporación cos votos favorables do PSOE e PP, e a abstención do BNG, acordou asinar un convenio de colaboración coa empresa EDP Renovables SLU, polo que a compañía comprométese a aboar ao Concello dumbriés 372.372 euros no periodo de 2026 a 2029.
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- Oportunidad en Santiago de Compostela: ático a menos de 200 metros de la Catedral
- Un vuelo Madrid-A Coruña acaba regresando a Barajas tras desviarse a Santiago y no poder aterrizar
- «Mamá, quiero ser ganadera»
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Comprar una vivienda nueva en Ames fue en 2025 más caro que en Santiago