MEDIO RURAL
A Xunta reivindica en Coristanco as políticas activas de emprego
A oficina da Rede da EFA Fonteboa asesorou máis de 400 proxectos

O alcalde, segundo esquerda, e o conselleiro, no centro, na EFA Fonteboa. / X. G.
O conselleiro de Emprego, José González, clausurou en Coristanco o IV Foro Empresarial Lácteo: Viabilidade e eficiencia na produción de leite e sostibilidade territorial, organizado pola EFA Fonteboa. Reuniu explotacións, empresas, representantes institucionais e axentes sociais para analizar os principais retos do sector lácteo.
Remuda xeracional
González destacou o esforzo da Xunta no marco das políticas activas de emprego por fomentar a actividade económica no rural, tendo en conta o actual contexto demográfico, e garantir a remuda xeracional, especialmente en sectores estratéxicos, como pode ser o lácteo.
Referiuse tamén á Estratexia de emprendemento ligado ao territorio de Galicia, actualmente en fase de consulta co sector, e cuxo corazón será a Rede de polos, que conta en Coristanco cunha oficina que xa asesorou máis de 400 proxectos. Ademais, destacou a orde dotada con 6,7 millóns de euros para apoiar ata oitocentas novas iniciativas emprendedoras desde o ano 2024.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde