MELLORAS
Camariñas elimina barreiras arquitectónicas no concello cunha axuda da Xunta
Recibiu unha achega de 60.000 € para a protección do medio ambiente

A alcaldesa, segunda esquerda, e a delegada, no centro, con edís en Camariñas. / X. G.
A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou Camariñas para supervisar as actuacións levadas a cabo con dúas axudas de máis de 100.000 euros da Consellería de Presidencia , Xustiza e Deportes.
Concretamente, realizáronse melloras de accesibilidade na Casa do Concello cun apoio de 40.000 euros da orde de Infraestruturas de Uso Público, e accións para a protección do medio ambiente cunha achega de 60.000 € do Fondo de Compensación Ambiental.
Ascensor
Do Campo, que estivo acompañada pola alcaldesa, Sandra Insua, e edís locais, subliñou que o novo ascensor permitiu eliminar barreiras arquitectónicas e garantir o acceso en igualdade de condicións a todos os servizos municipais. Destacou que "a accesibilidade universal é un dereito fundamental e unha prioridade para a Xunta, especialmente nos edificios públicos, que deben estar ao servizo de toda a cidadanía, con independencia da súa idade ou condición física".
Medio Ambiente
En relación cos case 60.000 euros recibidos para o servizo de protección ambiental e equipamentos, a delegada da Xunta recalcou que se levaron a cabo a limpeza de cunetas, camiños e sendeiros, ademais de adquirir un novo furgón para o servizo de abastecemento de auga e de 40 novos contedores de residuos.
Convenio incendios
Lembrou tamén que o Concello de Camariñas recibiu case 263.000 euros para facer fronte aos gastos extraordinarios e os danos causados polos incendios forestais deste verán a través dun convenio asinado entre o Concello e a Xunta.
Asemade, a Consellería do Medio Rural aportou 88.000 euros para o desenvolvemento de accións de prevención fronte aos incendios forestais, e máis de 53.000 euros para o arranxo de viarios no rural a través do Plan Camiña Rural con máis de 53.000 euros.

A delegada da Xunta, a alcaldesa e edís supervisando o novo ascensor. / X. Galicia
Pola súa banda, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático achegou máis de 15.000 euros para a creación de refuxos climáticos, 44.000 € para a posta en marcha de proxectos de separación e reciclaxe de residuos en orixe e de mellora da recollida separada, e máis de 14.000 euros para a realización de auditorías na rede de saneamento.
No ámbito do emprego e do desenvolvemento local, Belén do Campo puxo en valor os fondos destinados ao programa Aprol Rural, que contou cunha achega da case 59.000 euros, orientados a fomentar o emprego no ámbito local, así como as axudas para a contratación de persoal técnico especializado en orientación laboral con case 32.000 euros.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde