ROTURA
Carballo alerta á Xunta do elevado nivel de auga noutra balsa mineira en Monte Neme
Dende Industria explican que xa se instou ás empresas adxudicatarias a executar de xeito inmediato as accións necesarias

Miguel Vales, esqda., Luis Lamas, centro, e un veciño diante da balsa de augas limpas. / C. C.
O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, logo de manter unha xuntanza cos veciños de Razo, e despois de ser alertado por un dos asistentes do posible risco que podería supoñer o elevado nivel de auga noutra das balsas da zona mineira de Monte Neme, púxose en contacto de forma inmediata coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, para trasladarlle a preocupación pola situación da balsa de augas limpas e a inquedanza dos veciños e veciñas de Razo.

Concelleiros e un veciño de Razo avaliando o desaugadoiro da balsa de augas limpas. / C. C.
A raíz desta comunicación, o director xeral de Minas, Pablo Fernández, trasladou ao alcalde o compromiso do seu departamento de enviar un equipo técnico.
Segundo explican fontes da Consellería de Economía, trátase dun depósito de auga que se deixou por petición expresa da comunidade de montes, que contén auga limpa e que se utiliza para regadío e extinción de incendios.
"Por esta razón, sen prexuizo de trasladarllo por parte da Xunta á comunidade de montes titular dos terreos, aos efectos das actuacións que lle corresponda realizar, a Consellería de Economía e Industria, por razóns de eficiencia e celeridade, de xeito inmediato ordeou ás empresas adxudicatarias dos contratos de obra e de dirección de obra, para que acudisen ao lugar e se analizase, valorase e se executasen de xeito inmediato as actuacións necesarias", engaden dende o departamento autonómico que dirixe María Jesús Lorenzana.
Esta mesma mañá, os concelleiros de Carballo Luis Lamas e Miguel Vales achegáranse ata ese punto, xunto co veciño que alertou da situación, e puideron comprobar que, efectivamente, o nivel de auga na balsa está aproximadamente un metro máis alto do habitual debido, aparentemente, ao atoamento dunha tubaxe de evacuación.
Daniel Pérez esíxelle á Xunta de Galicia "que asuma a súa responsabilidade, tanto na verificación e supervisión de que se respectan as cautelas de seguridade coma na execución da restauración mineira". Insiste en que os habitantes da contorna "non poden estar atemorizados día tras día".

Xuntanza de representantes municipais coa veciñanza de Razo. / C. Carballo
Na xuntanza mantida coa veciñanza de Razo, os representantes municipais expuxeron os feitos ocorridos o sábado, ao colapsar unha das balsas da antiga mina e provocar a rotura dunha antiga galería pola que saíron a gran presión miles de litros de auga, que arrastraron todo o que colleron ao seu paso monte abaixo.
Lembraron que este é o segundo suceso de características similares que se producen nos últimos doce anos, e que, na opinión do goberno municipal, desde o ano 2014 "non se tomaron as medidas precisas por parte da Administración competente, que é a Xunta de Galicia".
Ampliación de denuncia
Pola súa banda, Ecoloxistas en Acción ven de ampliar a súa denuncia para incluir entre os presuntos responsábeis da rotura da balsa mineira de Monte Neme o director de obra e coordinador de seguridade.
Aseguran que "as chaves do desastre", que provocou que un enorme volumen de "augas tóxicas" se verteran monte abaixo cara a Praia dos Riás, dentro da ZEPA Costa da Morte, espazo protexido da Rede Natura 2000, "foron os movementos de terra realizados nas balsas maiores, dislocando a auga almacenada para a balsa menor, que finalmente rebentou".
Galería inventariada
Esta balsa, engaden, "contaba cunha galería transversal que xa fora inventariada pola Xunta en 1998 e que, de feito, logo do anterior desastre producido en 2014 cando rebentou a maior das balsas, fora proposta polo Concello de Carballo como galería de drenaxe".
Ecoloxistas en Acción denuncia ademais "as falsidades da Xunta nos momentos iniciais", cando se informou "que a galería era descoñecida e que os movementos de terra non gardaban relación co acontecido".
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde