Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DESTINO STARLIGHT

O sector astroturítico da Costa da Morte reforza a defensa dos ceos escuros

Creará un banco de voluntariado para coordinar as accións

Directivos da Asociación de Astroturismo de Costa da Morte en Vimianzo.

Directivos da Asociación de Astroturismo de Costa da Morte en Vimianzo. / Cedida

Vimianzo

A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, que preside Yolanda Díaz Romero, deseñou un programa de actividades que inclúe accións de sensibilización cidadá, educación ambiental e prevención, con especial atención á protección do ceo nocturno, á redución da contaminación lumínica e á preparación da poboación para a observación segura do eclipse, prevista nos 17 concellos do Destino Starlight.

Co obxectivo de mellorar a planificación, a asemblea xeral da asociación acordou crear un banco de voluntariado, no que se recollerá a dispoñibilidade das persoas asociadas, monitores Starlight e socios colaboradores, favorecendo unha mellor coordinación das accións no territorio. No encontro presentouse tamén en primicia a web da entidade: www.costadamortestarlight.wordpress.com.

Asemblea da Asociación de Astroturismo celebrada en Vimianzo.

Asemblea da Asociación de Astroturismo celebrada en Vimianzo. / Cedida

A asociación conta cunha base social altamente representativa, xa que as persoas asociadas poden ter a condición de monitores Starlight (o 75% dos asociados) e socios colaboradores que aportan diversas olladas a prol dun desenvolvemento sostible do astroturismo no territorio.

A Asociación de Astroturismo da Costa da Morte reafirma así o seu compromiso coa protección dos ceos escuros, a educación ambiental e o desenvolvemento dun astroturismo sostible e responsable na no xeodestino turístico.

Tracking Pixel Contents