DINAMIZACIÓN
As frechas de Cupido apuntan aos comercios de Carballo
O CCA impulsa a campaña de San Valentín: 'Namórate do teu comercio'

O alcalde, concelleiros e directivas do CCA presentando a campaña de San Valentín. / Cedida
As frechas de Cupido xa están chamando á porta e, no Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo, queren que acerten de cheo no corazón do comercio local.
Con ese espírito, hoxe puxeron en marcha a campaña Namórate do teu comercio, unha iniciativa de dinamización comercial que se estenderá ata o vindeiro 14 de febreiro e na que participan 51 establecementos asociados.
Desta volta, a campaña convida á veciñanza a celebrar o Día dos Namorados apostando polo consumo de proximidade, e premiando cada compra realizada nos locais adheridos. Así, cada ticket de compra vinculada á campaña levará grampado un vale, que permitirá participar no xogo que se celebrará o domingo 22 de febreiro, coincidindo coa xornada de feira, na Praza do Concello. En caso de choiva, a actividade trasladarase ao primeiro andar do Mercado Municipal.
Lanzamento de dardos
Durante a xornada, as persoas participantes converteranse en auténticos Cupidos lanzando dardos aos globos que conforman o gran corazón do CCA. Cada vale dará dereito a dúas tiradas, coas que se poderán descubrir os distintos premios agochados: cheques para gastar nos locais de hostalaría asociados, sesións de cine, bolsas e bolígrafos do CCA ou vales con mensaxes motivadoras, entre outras sorpresas. A participación non estará suxeita a importe mínimo de compra, salvo que así o determine cada establecemento.
A imaxe da campaña foi presentada no Concello de Carballo. Ao acto, asistiron o alcalde Daniel Pérez, o concelleiro de Promoción Económica Xosé Regueira, o edil de Feiras e Mercados Ramón Varela e a presidenta do CCA Silvana Rama acompañada doutros membros da directiva.
A presidenta do CCA Carballo destacou que "campañas coma esta son posibles grazas á confianza da veciñanza, que día a día aposta polos nosos comercios", agradecendo "o apoio constante dos consumidores e consumidoras, así como a implicación dos establecementos asociados, que demostran que unidos somos máis fortes". Ademais, subliñou que "mercar no CCA non é só unha compra, é apoiar o comercio local e contribuír a manter viva a nosa vila".
Pola súa banda, o alcalde lembrou que desde o Concello tamén se veñen organizando cada ano accións arredor do 14F "que nos permiten amosar o noso amor por Carballo. E, sen dúbida, amar o comercio local, tamén é amar a Carballo".
Comercios participantes
Á iniciativa sumáronse os comercios A Fragua, A Saia da Carolina, Adega O´Lagar, Akira, Aloe Herboristería, Anxaima, Atelier, Atmósfera Sport, Avanty Publicidad, Becool, Benetton, Buy&Sell, Calvelo Platería Regalo, Calzados Susa, Cenor, Clarion libraría, Comercial Queijo, Confecciones San Juan, Confitería San Luis, Cristina Morgade, D&A Complementos, Dequip, Doce Soños, DV Carballo, Ekaté, Emiliano Moda, Florería Taibo, Florida Centro Joya, Informática Valem, Interfilm, Jorge Moda, Joyería Calvelo Seoane, Lencería-mercería Mª José, Lenda, Maloserá, Merliño xoguetería, Moda Suárez, Muebles Fuentes, Multiópticas, O barco dos Soños, Óptica Enríquez, Orange Carballo, Rafa Vila Joyerías, Refugallo Zero, Teirón, Todo Lar, Upa! Espazo barefoot, Vessali xoiería, Zapatillería Isabel, Zocas, Zuccaro.
Vídeo promocional
Coincidindo co arranque da campaña, o CCA Carballo lanzous nas súas redes sociais o vídeo promocional de 2025, protagonizado por comerciantes da asociación, no que se poñen en valor algunhas das moitas razóns polas que namorarse do comercio local: a atención personalizada, a confianza, a cercanía e o impacto positivo no tecido económico e social da vila.
Nova Acción formativa
Por outra banda, esta semana deu comezo tamén a segunda quenda do curso Optimización do espazo comercial, unha acción formativa organizada polo CCA dirixida a mellorar a experiencia de compra do consumidor e mellorar a rendabilidade do comercio de proximidade.
Nesta segunda edición, que se desenvolverá todos os martes e mércores do mes de febreiro de 21.00 a 23.00 horas, participan 16 persoas e 11 comercios asociados. Ao igual que na primeira edición, a persoa encargada de impartir esta formación teórico-práctica é Mario Szabat, un recoñecido analista de estratexia comercial e xestión de espazos de venda con ampla experiencia no asesoramento a empresas do sector retail.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Un crack compostelano de la FP:«Quiero dedicarme a la automoción»
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal