Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Moción do PSOE amesán para que a Xunta renove o tellado con pingueiras do CEIP A Maía

Debatirase no pleno deste mes para esixir unha actuación urxente

Afirman que as filtracións afectan aos edificios de Infantil e Primaria

Entrada principal ao CEIP A Maía, onde o PSOE amesán pide que se renove a cuberta

Entrada principal ao CEIP A Maía, onde o PSOE amesán pide que se renove a cuberta / Concello

Ames

O PSOE de Ames vén de rexistrar unha moción para o seu debate no pleno de febreiro coa que se esixe á Xunta unha actuación urxente e definitiva na cuberta do CEIP A Maía, un centro educativo público construído no ano 1991 que atende na actualidade a máis de 470 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria.

O Grupo Municipal Socialista de Ames manifesta a súa vontade de que esta iniciativa se converta nunha declaración institucional, coa finalidade de amosar a unidade política da Corporación municipal na defensa dos intereses da comunidade educativa do CEIP A Maía.

Sen remodelacións

Así, lembran que o centro non foi obxecto de ningunha remodelación estrutural nin reforma integral dende a súa inauguración, hai máis de 35 anos en Ames, e que o esgotamento da vida útil da cuberta está a provocar numerosas filtracións de auga tanto no edificio de Infantil como no de Primaria.

Tracking Pixel Contents