Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Boiro reforza a limpeza viaria cun vehículo de baldeos

O obxectivo é facilitar o labor dos operarios municipais

Novo vehículo adaptado para facer baldeos de rúas e mobiliario.

Novo vehículo adaptado para facer baldeos de rúas e mobiliario. / C. Boiro

Boiro

O Concello de Boiro vén de dotar ao servizo municipal de limpeza viaria dun vehículo adaptado para a realización de baldeos co obxectivo de mellorar o traballo manual que realizan os operarios municipais, especialmente no núcleo urbano.

Operarios municipais limpando os bancos da capital boirense.

Operarios municipais limpando os bancos da capital boirense. / C. Boiro

Este vehículo foi adaptado cun sistema que permitirá intensificar as tarefas de baldeo nas rúas e no mobiliario urbano como bancos, maceteiros ou outros elementos ornamentais, garantindo unha limpeza máis profunda.

A incorporación deste vehículo "supón un reforzo ao servizo de limpeza viaria, facilitando as tarefas diarias dos operarios e prestando unha resposta máis rápida ás necesidades de limpeza, especialmente en momentos de maior afluencia de persoas", subliñan dende o goberno local.

Tracking Pixel Contents