Deficiencias eléctricas e de calefacción: Sanidade e Concello de Santa Comba rifan polo arranxo do centro de saúde
O Bloque visitou un inmoble con serios problemas que, din, poñen en risco ao persoal e usuarios
Lembran que existe unha proposta de requerimento da Inspección de traballo para os arranxos

Juan David Sixto e a deputada Iria Carreira, do BNG, na porta do centro de saúde xalleiro. / BNG
O responsábel do BNG xalleiro, Juan David Sixto, participou nunha visita para denunciar, unha vez máis, o «lamentábel estado en que se atopa o Centro de Saúde de Santa Comba», con risco «tanto para a os usuarios como para as traballadoras». Xunto a Sixto, participaron na visita representantes do BNG, como a deputada Iria Carreira e membros de CIG-Saúde. Os problemas eléctricos e as baixas temperaturas do inmoble centran as críticas, tanto cara ao Concello como a Consellería de Sanidade.
Pero a denuncia pública, que inclúe una proposta de requerimento por parte da inspección de traballo para rematar con estas deficiencias, non provocou máis que o enfrentamento entre as administracións citadas, non solucións. Así, dende Sanidade respostan que «o centro de saúde de Santa Comba é un inmoble de titularidade municipal, polo que lle corresponde ao Concello levar a cabo todas as actuacións de mantemento necesarias, xa que recibe unha cantidade anual para eses gastos de mantemento a través do Fondo de Cooperación Local».
Reforzo
E tamén lembran que se reforzou nun 12% o orzamento para apoiar as entidades locais nestes casos, e que «sendo un inmoble de titularidade municipal, calquera actuación de mellora que se considere necesario realizar no local co obxectivo de mellorar a comodidade de pacientes e profesionais debe pasar, no seu caso, por un convenio de colaboración a dúas bandas, entre a administración autonómica e local, financiado a partes iguais».
Pero a visión do alcalde socialista Alberto Romar non é nin semellante, e lembra que o seu goberno lle enviou ao Sergas numerosos escritos para solicitar unha reforma do centro de saúde e o arranxo inmediato de elementos como a caldeira ou as cubertas. “A Xunta ten que comprometerse a asumir as súas competencias, porque nós estamos investindo cerca de 120.000 euros ao ano en calefacción e persoal cando non entra nas nosas competencias”, sinalaba. E, ao mesmo tempo, tildaba de «populista» a denuncia do BNG, que xa impulsou una moción non plenaria diante das deficiencias no ximnasio municipal, que o goberno local tamén minimizou, pese a admitir a concelleira que o problema do teito vai seguir propiciando humidades.
Muro entre administracións
O BNG comprobou no centro de saúde «as gravísimas deficiencias», para as que esixen solucións nos distintos ámbitos institucionais desde hai dous anos, «atopando o muro do goberno municipal e da Consellaría de Sanidade que continúan a marxinar e maltratar a veciñanza de Santa Comba»
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago