Arzúa pon a punto a rede viaria cun Plan de Obras por máis dun millón que inclúe gasto corrente
O POS recolle tamén a reforma do local social de Tronceda, cun investimento de 114.708 euros
Novo aparcamento, parque cuberto e espazos axardinados na contorna da residencia e a casa das mulleres

Corporación arzuá reunida no pleno no que abordaron o POS+ / Concello
A Corporación de Arzúa aprobou por unanimidade a proposta de participación no POS+2026 da Deputación da Coruña, cun investimento global de 1.017.563,04 euros destinado a actuacións en infraestruturas, equipamentos e servizos municipais ao longo de todo o territorio. E unha das principais apostas deste POS+2026 é a mellora da rede viaria municipal nas parroquias, con máis dunha ducia de actuacións en pistas e camiños, que suman un investimento de preto de 185.000 euros.
Deste xeito, na parroquia de Brandeso intervirase no camiño do lugar de Cimadevila, mellorando un viario que conecta co trazado da AC-905. A actuación inclúe a reparación do firme e a mellora da drenaxe para garantir unha mellor circulación. Na de Burres, actuarase no camiño que conecta os lugares de Curiscada e Cortobe, así como na pista do lugar da Calzada. As actuacións céntranse na mellora do firme e na corrección de deterioros existentes nestes viarios. Xa en Dodro prevese mellorar do camiño que une os lugares de Outeiro e Currás, un viario de uso habitual. A actuación inclúe a reparación do firme e a mellora das condicións de drenaxe, mentras que na parroquia de Viladavil aparecen actuacións en camiños que conectan distintos lugares. Intervirase no viario entre Castrillón e Sobrado e no camiño que une Sobrado con Vilanova, mellorando o estado do firme e a drenaxe destes tramos.
En Santa María
No que atinxe a Santa María, concentran as actuacións en varios puntos do seu territorio. O proxecto recolle a mellora do camiño que conecta coa Agra da Tosta, así como actuacións no viario de San Salvador e no camiño do lugar de Seixas. En todos os casos prevese a reparación do firme e a mellora das condicións de circulación, ao tempo que en Dombodán obrarase no camiño que conecta Casal de Arriba con Gramil, así como no viario que enlaza distintos puntos da parroquia co límite do concello, na zona das Hortas. As actuacións inclúen a mellora do firme e da drenaxe destes camiños.
En Santo Estevo prevese a mellora do camiño que conecta a igrexa parroquial co cemiterio, mediante actuacións de reparación do firme e acondicionamento do viario, e na parroquia de San Martiño intervirase no viario de acceso ao cemiterio parroquial, mellorando as marxes e o estado do firme para facilitar a circulación.
Asociacionismo
O POS inclúe tamén a reforma do local social de Tronceda, cun investimento de 114.708,00 euros, destinada a mellorar un espazo clave para o asociacionismo no rural. Esta actuación permite modernizar unha infraestrutura de uso comunitario e mellorar as condicións para o desenvolvemento de actividades veciñais ao longo de todo o ano. E tamén inclúe a construción dun novo parque infantil cuberto, xunto coa creación dun novo aparcamento e a execución de espazos axardinados na contorna da Residencia e da Casa das Mulleres de Arzúa, cun investimento global de 255.414,70 euros. A actuación permitirá dotar esta área dun espazo de lecer cuberto para a infancia e as familias, accesible e utilizable durante todo o ano, ao tempo que se melloran as condicións de mobilidade e estacionamento mediante a habilitación dun novo aparcadoiro.
A proposta recolle igualmente a mellora da rúa Rosalía de Castro, mediante a renovación do firme, a corrección de fochas e a execución de medidas de mellora da seguridade viaria, como un paso de peóns sobreelevado e elementos de regulación do tráfico. A actuación complétase coa mellora da drenaxe e da recollida de augas pluviais. Cun investimento total de 42.522,67 euros.
Funcionamento cotián
E outra parte relevante do POS+2026 destínase a gasto corrente, cun importe global de máis de 420.000 euros entre as dúas anualidades. Estes fondos son imprescindibles para garantir o funcionamento diario dos servizos municipais, como a limpeza viaria, a iluminación pública, o mantemento de instalacións, a atención social ou a prestación de servizos básicos en todo o concello. Ademais do POS principal, o Concello inclúe no Plan Complementario a actuación na Rúa Camiño dos Frades, cun investimento previsto de 167.042,15 euros, que se executará no caso de que a Deputación da Coruña vaia xerando fondos adicionais ao longo do exercicio.
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades