CARBALLO
Un millón para protexer a praia de Razo e mellorar a seguridade da contorna
A Demarcación de Costas do Estado xa iniciou os traballos

As obras para cambiar o trazado da estrada xa comezaron. / C. Carballo
A Demarcación de Costas do Estado puxo en marcha as obras na praia de Razo (Carballo) co obxectivo de protexer o litoral fronte á erosión, mellorar a seguridade das infraestruturas e coidar o espazo natural. O investimento supera o millón de euros.
Un dos cambios máis importantes será o desprazamento da estrada que discorre xunto á praia, afastándoa do mar e situándoa nunha zona máis segura. Con esta medida, na que se está a traballar estes días, evítanse derrubes e danos provocados polo avance da erosión e, ao mesmo tempo, gánase espazo para a praia, favorecendo que manteña a súa anchura e a súa función natural.
Renovación de sendas peonís
A actuación tamén mellorará a seguridade das persoas, separando con maior claridade os espazos para vehículos e peóns. As sendas peonís renovaranse con pavimentos de aspecto natural, máis resistentes á choiva e integrados na paisaxe, facendo máis cómodo e agradable o paseo pola contorna.
En distintos puntos da praia reforzaranse os noiros para evitar desprendementos, combinando solucións sinxelas e respectuosas co medio, como escolleras, madeira e area. Ademais, eliminaranse zonas de aparcamento situadas en lugares sensibles, reducindo a presión sobre o litoral e aumentando as franxas de protección. Neste sentido, desde o Concello de Carballo xa se ten iniciado o proceso para a consecución dos terreos que acollerán un novo aparcadoiro en Razo.
Nas áreas máis naturais da praia, a intervención será mínima, permitindo que a costa evolucione de forma natural, sempre que non supoña un risco para as persoas ou as infraestruturas.
Integración na paisaxe
Tamén se mellorará a drenaxe, a sinalización e a seguridade viaria, empregando elementos pensados para integrarse visualmente na paisaxe, como barreiras e bolardos de madeira.
En conxunto, "trátase dunha actuación pensada para coidar a praia de Razo hoxe e no futuro, mellorando a seguridade, respectando o medio natural e mantendo a calidade paisaxística dun espazo fundamental para o lecer, o turismo e a identidade da zona", subliñan dende o Concello carballés.
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades
- Copas por seis euros o menos: tres bares de Santiago que resisten la subida de precios y mantienen la esencia de siempre