MAR
Esixen celeridade nos trámites para que as mariscadoras de Camariñas poidan cobrar o paro
O BNG presentou varias iniciativas no Parlamento galego

Representantes do BNG coa presidenta das mariscadoras, no centro. / BNG
O BNG da Costa da Morte, a través do deputado Oscar Insua, presentou diversas iniciativas no Parlamento galego nas que demanda á Xunta de Galiza que axilice os trámites de suspensión e modificación do plan de xestión para moluscos bivalvos solicitado pola confraría de Camariñas, así como comezar a elaborar de forma inmediata un plan global de viabilidade para actividade marisqueira na ría.
A formación nacionalista indicou que van dous meses desde que a confraría solicitaron á Consellería do Mar que realizase ditos trámites, que son necesarios para que as mariscadoras de Camariñas poidan pedir as axudas polo cese da actividade no Instituto Social da Mariña (ISM), dado que cotizan no Réxime Especial de Traballadoras do Mar, ante a falta doutro plan ou a elaboración dunha orde de axudas específica para este colectivo por parte da Xunta.
Sen traballar e sen cobrar
"As mariscadoras seguen sen poden traballar, e sen cobrar axuda algunha; de feito no pasado Nadal nin puideron traballar nin cobraron un só céntimo", advirten dende o BNG, que denuncia que "o Goberno galego leva escapando deste problema e non é capaz de ofrecer unha solución para recuperar os bancos marisqueiros en Camariñas".
Oscar Insua sinala que "é unha vergonza o trato que están a recibir as mariscadoras. Se foran grandes empresarias o PP xa lles tiña os papeles listos". A Xunta, engade, "non lles saca ningunha liña de axuda específica, e por enriba de teren que tirar do paro que teñen acumulado, retrásanlle a tramitación, é unha burla".
Pola súa banda, a responsable local dos nacionalistas en Camariñas, Ana Pasantes, asegura que "desde o BNG non imos parar ata conseguir que as mariscadoras cobren dunha vez e teñan aprobado un plan de futuro, aínda que do goberno do PP pouco ou nada podemos esperar".
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago