CONVOCATORIA
O GDR Costa da Morte incentiva proxectos que diversifiquen a economía rural
Programou sesións informativas das axudas Leader en Baio, A Laracha e Corcubión

Unha das xuntanzas do GDR Costa da Morte en Vimianzo. / Cedida
O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, tras a publicación o pasado 2 de febreiro da nova convocatoria de axudas para as anualidades 2026, 2027 e 2028, organiza tres sesións informativas dirixidas a persoas emprendedoras, empresas, asociacións e entidades públicas interesadas nas axudas do programa Leader Pepac 2023-2027.
As sesións teñen como obxectivo dar a coñecer as características da convocatoria e do procedemento de solicitude das axudas. Celebraranse os días 23 de febreiro no centro sociocultural de Baio (Zas), a casa da cultura da Laracha (día 24) e na casa da cultura de Corcubión (día 25), todas elas de 18.30 a 20.00 horas.

Cartel promocional das sesións informativas do Leader. / Cedida
Durante as sesións informarase sobre o funcionamento do programa, os requisitos para acceder ás axudas, os criterios de valoración dos proxectos, os prazos e procedementos de solicitude, así como aclaración de dúbidas sobre posibles iniciativas que poden optar ao financiamento.
O obxectivo destas accións "é achegar o programa Leader ao tecido social e económico do territorio, promovendo proxectos que impulsen a diversificación da economía rural, a mellora da calidade de vida e dos servizos á poboación, a conservación do patrimonio e o emprendemento", subliñan dende o GDR.
A asistencia é aberta e gratuíta. As persoas interesadas poden obter máis información na web www.gdrcostadamorte.com.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años