Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FESTAS

Dakidarría, Che Sudaka, De Ninghures, Ulex e Yaya DJ no Asalto ao Castelo de Vimianzo

Este ano haberá que ter entradas para os dous días de concertos

Dakidarría actuará no Asalto ao Castelo de Vimianzo 2026.

Dakidarría actuará no Asalto ao Castelo de Vimianzo 2026. / Cedida

Vimianzo

A organización do Asalto ao Castelo de Vimianzo vén de facer público o primeiro adianto de grupos da 29 edición, que se celebrará o 3 e 4 de xullo.

A selección de artistas para 2026 responde a un criterio de diversidade e coherencia co espírito de resistencia do Asalto. Os elixidos son Dakidarría, Che Sudaka, De Ninghures, o compostelán Ulex e Jaja Dj.

Dakidarría é unha banda xa histórica no panorama galego e mesmo estatal. Con máis de 20 anos de traxectoria e letras revolucionarias ata en doce linguas, promete unha gran descarga de enerxía no Asalto.

O grupo De Ninghures é un dos convidados ao Asalto ao Castelo 2026.

O grupo De Ninghures é un dos convidados ao Asalto ao Castelo 2026. / Cedida

Che Sudaka é un colectivo de orixe suramericana afincado en Barcelona, que traerá a Vimianzo o seu punk reggae party. Referentes internacionais da cumbia, o ska e a rumba, a súa música é unha invitación ao optimismo e á reflexión, herdeira do espírito festivo de bandas como Mano Negra.

Pola súa banda, De Ninghures, recentemente recoñecidos co Premio Martín Códax da Música, representan a excelencia na actualización da música popular galega. A súa mestría para fusionar coplas tradicionais con ritmos contemporáneos convérteos nunha das bandas máis interesantes da escena actual.

A Vimianzo virá tamén Ulex. A banda compostelá traerá ao Asalto a súa particular fusión de rock e ritmos de cumbia para presentar o seu disco debut, Lonxe de ti. Completa o cartel Yaya DJ, que garantirá que a música non pare, mesturando clásicos e sons actuais nunha sesión deseñada para todos os públicos.

O Asalto ao Castelo é unha Festa de Interese Turístico de Galicia.

O Asalto ao Castelo é unha Festa de Interese Turístico de Galicia. / Cedida

Este ano será necesario dispor de entrada para os concertos, tanto na xornada do venres como na do sábado. Dende a organización —composta polas asociacións Cherinkas e Axvalso, xunto ao Concello de Vimianzo e a colaboración da Deputación da Coruña— explican que esta medida busca consolidar o evento como un festival de dous días con programación de primeiro nivel.

Para premiar a fidelidade dos seguidores máis rápidos, este martes activouse a venda de abonos promocionais a prezo reducido en asaltoaocastelo.gal.

Unha cita con identidade propia

O Asalto ao Castelo, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia, non é só un festival de música, senón unha experiencia de que combina teatro, historia, gastronomía, deporte, artesanía, e o icónico asalto á fortaleza.

A cita vén de ser finalista nos recoñecidos Iberian Festival Awards e nos Premios Martín Códax da Música.

TEMAS

Tracking Pixel Contents