AGRO
A horta galega é a terceira que máis produce en España e a cuarta en valor económico
A conselleira do Medio Rural visitou Terras de Bustelo en Coristanco

A conselleira e o alcalde, á dereita, durante a visita a Terras de Bustelo. / X. G.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou a empresa hortícola Terras de Bustelo, de Coristanco, onde destacou a importancia da produción alimentaria de proximidade e, especialmente, no ámbito da horta.
Terras de Bustelo conta cunhas 12 hectáreas de cultivo de repolo, verza, grelos e patacas; así como cuns 12.000 metros cadrados en invernadoiro dedicados á plantación de acelga e pirixel. Esta empresa colaborou na elaboración do Plan Estratéxico da Horta, participando nas enquisas realizadas ao sector.

Terras de Bustelo produce en invernadoiro acelga e pirixel. / X. G.
María José Gómez explicou que o obxectivo do Plan Estratéxico da Horta é consolidar o sector hortícola como un piar clave do agro galego. Co plan refórzase a posición de Galicia como referente nesta produción de calidade «cunha aposta pola sustentabilidade, a diversidade e o respecto polo medio ambiente, a innovación e a profesionalidade».
Sinalou que Galicia ocupa o terceiro posto na produción hortícola, e a cuarta posición en termos de valor económico, en comparación co panorama nacional, só por detrás de Andalucía, Murcia e Castela-A Mancha.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago