EDUCACIÓN
A Xunta aporta 46.000 euros á mellora da escola infantil de Fisterra
As obras serán executadas polo Concello no verán

O alcalde, esquerda, e o xerente do Consorcio con nenos e nenas da escola de Fisterra. / X. G.
A Xunta investirá máis de 46.000 euros na mellora da escola infantil de Fisterra. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Luís Insua, asinaron o convenio para a execución desta actuación e visitaron o centro.
Toldos e pintado do centro
As obras, que se encargará de executar o Concello no verán, consistirán no subministro e instalación de toldos no patio exterior, así como no pintado das fachadas, das aulas e do comedor. Tamén se instalarán un novo falso teito na cociña e unha porta de acceso, ademais de renovarse os mosquiteiros, rodapés e protectores de esquinas.
A mellora forma parte dun novo programa de intervencións en escolas infantís públicas. A Xunta destinará a estas actuacións, preto de 980.000 euros.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- David Arcay y Manuel Ramos 'sobreviven' al frío y al viento en A Fervenza para proclamarse campeones gallegos de lago
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago