A praza de abastos de Cee pon rumbo á excelencia
A Xunta investiu 300.000 euros na rehabilitación da instalación, a creación de novos postos e a reforma do aparcadoiro

Gabriel Alén, segundo pola esquerda, e Margarita Lamela, no mercado de Cee. / Cedida
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, visitou este mércores o mercado municipal da localidade, onde puxo de relevo os case 300.000 euros investidos pola Xunta para posibilitar a súa reapertura ao abeiro das axudas dirixidas a impulsar unha rede de Mercados Excelentes en Galicia.
Esta rede conta cun orzamento de preto de 2,3 M€. Nesa liña, Alén destacou que as instalacións ceenses recibiron achegas autonómicas desde 2023 para a rehabilitación do edificio e para a execución de diversas melloras, incluíndo o ano pasado a habilitación de novos postos de venda.
A maiores, concedéuselle apoio para reformar neste 2026 a planta de aparcadoiro, habilitando así mesmo espazos de almacenaxe auxiliares.
O director xeral aproveitou a visita a Cee para lembrar o obxectivo marcado polo Goberno galego de acadar este ano os dez Mercados Excelentes no conxunto da Comunidade, engrosando unha rede da que actualmente forman parte as prazas de abastos de Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Carballo.
Poñendo en valor o apoio autonómico a este tipo de espazos, engadiu que se persegue acadar as 25 distincións en catro anos, no marco do desenvolvemento do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Paz Padilla, tras completar el Camino de Santiago: “El verdadero regalo no es llegar a Santiago, sino…”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa