O 189 aniversario de Rosalía de Castro traerá ofrendas e lírica a Padrón e Santiago o día 23
Iago Pazos preparará na Matanza o caldo de gloria
O secretario de Cultura Valentín García anima a sumarse

Valentín García, pola esquerda, con Arca, Angueira, González e Iago Pazos na presentación / Xunta
A Xunta colabora coa Fundación Rosalía de Castro na organización das actividades para conmemorar o 189 aniversario do nacemento da poeta, o 23 de febreiro. Así, traerá a Padrón unha ofrenda diante da súa estatura do Espolón (10.00 h.) e Carapaus interpretará a 'Alborada a Rosalía', ademais de lerse poemas e preparación do caldo de gloria por Iago Pazos. Tamén actúan na Matanza Uxía & Javier Ruibal, e o guitarrista Marcos Teira.
Xa en Santiago tamén soará a 'Alborada de Rosalía' que acompañará a ofrenda floral, ás 11.00 horas, diante a súa estatua da praza de Vigo e, ás 12.00 horas, terá lugar o acto institucional no Panteón das Galegas e Galegos Ilustres, no que se celebrará unha lectura de poemas rosalianos e unha actuación musical da cantora Uxía xunto co intérprete andaluz Javier Ruibal.
Figura clave
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacou que se trata dunha celebración colectiva arredor dunha figura clave da identidade galega, subliñando a importancia do legado de Rosalía de Castro. As actividades desenvolveranse, como cada ano, en Padrón e Santiago de Compostela, lugares vencellados á vida da autora.
O representante da Consellería de Cultura puxo en valor a importancia de homenaxear e lembrar «á nosa poeta máis universal que supón, ademais, un dos principais símbolos da nosa identidade», e invitou a todos os galegos a «sumarse a esta data e gozar da herdanza dunha das principais embaixadoras da nosa cultura».
E, do mesmo xeito, subliñou que a Galicia se hoxe non sería a mesma sen esta poetisa. No acto tamén participaron o alcalde Anxo Arca; o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira; e a deputada provincial de Cultura, Natividade González.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Galicia activa alertas por nieve, viento y lluvia: las precipitaciones pueden superar los 40 litros por metro cuadrado