Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Melide homenaxea a súa historia cun selo postal conmemorativo

Representa a reunión celebrada no municipio en 1520 na que as principais casas nobiliarias reclamaron ao rei a recuperación do voto en Corte para Galicia e o nomeamento dunha Capitanía Xeral

Imaxe do selo postal conmemorativo.

Imaxe do selo postal conmemorativo. / Cedida

Melide

O Centro Sociocultural Mingos de Pita acollerá o mércores 18 de febreiro o acto oficial de presentación do selo postal Efémerides. Asamblea de Melide, no que estarán presentes o alcalde de Melide, José Manuel Pérez; o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; e a directora de Filatelia e Relacións Institucionais de Correos, Nuria Lera.

O selo conmemora o 500 aniversario da reunión celebrada en 1520 en Melide, na que representantes das principais casas nobiliarias reclamaron ao rei a recuperacion do voto en Cortes para Galicia e o reforzo da súa capacidade militar e defensiva co nomeamento dunha Capitanía Xeral.

O Concello de Melide amosou o seu agradecemento á oficina de Correos de Melide e, especialmente, á súa directora, Celsa Mariño, por "facer posible esta emisión que proxecta este episodio da historia, celebrado no noso Concello, en todo o territorio estatal".

Tracking Pixel Contents