Ames anima á veciñanza a revivir a figura de Rosalía de Castro a través das redes sociais
O Concello presentou esta mañá a programación de actividades que se desenvolverán ao longo de febreiro para conmemorar o mes dedicado á emblemática autora

Blas García na presentación da programación de actividades para o Mes de Rosalía. / Cedida
O Concello de Ames presentou esta mañá a programación de actividades que se levarán a cabo ao longo de febreiro para celebrar o Mes de Rosalía. Estas propostas pretenden achegar á veciñanza a magnitude da figura da escritora e resaltar a súa relación directa con Ames, xa que a súa familia paterna era da Tarroeira, un dos lugares da parroquia de Ortoño.
Desta volta, buscaron promover a participación cidadá cunha ampla variedade de actividades transversais para todas as idades, mais poñendo o foco na poboación máis nova, coa pretensión tamén de estimular e dinamizar o uso do galego achegándo referentes comprometidos co uso da lingua propia.
Baixo esta premisa, ideouse a principal novidade do programa: a Rede de Rosalía. Esta é unha proposta que anima á veciñanza a compartir vídeos ou publicacións con versos rosalianos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes. Todas as persoas que participen poderán gañar cinco exemplares do libro Cantares Miúdos, unha escolma de poemas realizada por Rita Bugallo, ilustrada por Andrea López e editada pola Fundación Rosalía de Castro.
Programación
O programa comeza coa actividade Viaxando con Rosalía, unha viaxe literaria á casa museo da emblemática autora en Padrón o sábado 21 de febreiro, de 9.30 a 14.30 horas, guiada pola experta rosaliana e membro da Real Academia Galega María López Sández. Este día tamén terá lugar a iniciativa o Caldo de Gloria, na que os locais da hostalaría amesá que participan no Mercado de horta e artesanía, e son socios de XEA, servirán cuncas do caldo que a padronesa describe no poema Miña casiña, meu lar de Follas Novas.
O luns 23, o aniversario da escritora, celebrarase a Gala Homenaxe a Rosalía de Castro. Será ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns e contará coa participación dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Ames. A gala estará presentada pola cantautora e intérprete Sheila Patricia. A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio.
Para a cativada desenvolverase un obradoiro de creación de cadernos de lecturas e de fundas de feltro para libros. Esta actividade, organizada desde a Biblioteca municipal, está orientada a nenos e nenas a partir de 3º de primaria e terá dúas quendas: a primeira, o venres 27 de febreiro, ás 17.00 horas na biblioteca do Milladoiro; e a segunda, o sábado 28, ás 11.30 horas na biblioteca de Bertamiráns.
A programación pecharase coa tradicional andaina polo Mar de Ovellas, teatralizada polos Quinquilláns, unha actividade pendente de data ata que as condicións meteorolóxicas permitan fixala no calendario.
O alcalde, Blas García, amosou a súa satisfacción cun traballo que, sinala, “transversal” e que serve para “difundir a obra, o traballo e a personalidade da primeira poetisa galega que falou de feminismo”.
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Galicia registra el invierno más húmedo de los últimos 25 años