Goteiras, humidades e cheiros a fosa séptica: denuncian o "grave deterioro" do Centro de Saúde de Santa Comba
Hay convocada unha concentración pola CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, o 19 de febreiro, para condear o "estado de abandono" das instalacións

Imaxe do tellado do Centro de Saúde de Santa Comba. / Cedida
A CIG-Saúde da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza vén de anunciar a convocatoria dunha concentración diante do Centro de Saúde de Santa Comba baixo o lema “Pola seguridade nos postos de traballo. Coa nosa saúde non se xoga”, en protesta polo "grave deterioro que sofre desde hai anos", e que “pon en risco a seguridade e saúde, tanto das persoas usuarias, como das traballadoras”, apuntan.
Entre as principais incidencias das instalacións destacan goteiras, humidades perpetuas, cheiros a fosa séptica, falta de illamento do tellado e áreas de tellas rotas ou deterioradas con perigo de desprendemento, e unha área administrativa "obsoleta na súa funcionalidade".
Subliñan tamén o frío que hai nas consultas "de xeito habitual, con temperaturas de 12ºC no bloque de consultas do Centro de Saúde", ademais de unha instalación eléctrica "obsoleta, que salta acotío e provoca constantes interrupcións".
A CIG-Saúde lembra que hai máis de tres anos se presentaron varias denuncias, tanto diante da autoridade laboral, como nos distintos órganos de Prevención e Saúde dentro da Área Sanitaria, "sen que se traduciran, até o de agora, en actuación algunha para resolver a situación". Acusan tamén que non se respondese ás preguntas presentadas sobre esta cuestión no Parlamento de Galiza.
A entidade considera que a titularidade municipal do centro "obstaculiza considerablemente unha coordinación entre as administracións". E engade que “isto non pode servir en ningún momento de escusa, ante o deterioro progresivo e decadente que presenta o centro , tanto na parte de PAC como na do Centro de Saúde”.
Ante esta situación, decidiron convocar unha concentración o xoves 19, ás 11.00 horas, diante do centro.
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Más de 50 personas se dan de alta al día como demandantes de vivienda protegida
- El acceso a Santiago desde la autopista y la autovía de Brión seguirá cortado hasta el miércoles
- El elevado caudal de los ríos limita las capturas en el arranque de la campaña de pesca fluvial
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Intento de asalto a una vivienda en Santiago: le roban el DNI y las llaves en la Cidade da Cultura y tratan de desvalijar su casa
- Los mayores también llenan las aulas de la USC:«Motiva a seguir aprendiendo»