Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Trinta e tres empresas e autónomos de Ordes reciben este ano axudas do Plan de Emprego Local

O PEL, impulsado pola Deputación da Coruña, fomenta a creación de novos postos de traballo e a estabilidade das firmas do municipio

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, no centro á esquerda. durante a súa visita a ORDESTAR S.L.

A deputada de Emprego, Rosa Ana García, no centro á esquerda. durante a súa visita a ORDESTAR S.L. / Cedida

Ordes

Un total de 33 empresas e persoas autónomas do concello de Ordes benefícianse este ano das distintas liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, un programa dirixido a apoiar a creación e consolidación de emprego no ámbito local.

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, visitou hoxe unha das empresas beneficiarias, ORDESTAR S.L., dedicada á reparación de vehículos e constituída en 2015. A empresa recibiu unha subvención de 15.000 euros a través da liña PEL-PEMES, destinada á contratación de persoal, que financia ata o 70% dos custes totais (salario e Seguridade Social) das novas contratacións durante o prazo de un ano.

As 33 axudas concedidas en Ordes corresponden ás diferentes modalidades do programa, que inclúen incentivos á contratación, apoio ao emprendemento e á actividade das pemes e persoas autónomas. O obxectivo é reforzar o tecido empresarial local, facilitar a creación de novos postos de traballo e contribuír á estabilidade das empresas do municipio.

Rosa Ana García destacou que “o PEL permite apoiar de forma directa ás pequenas empresas e ás persoas autónomas que xeran emprego nos nosos concellos, ofrecendo recursos para contratar persoal, ampliar a súa actividade ou iniciar novos proxectos”. A deputada subliñou que a continuidade do programa ao longo dos anos permitiu consolidar unha rede de apoio estable ao tecido produtivo local.

Tracking Pixel Contents