Natalia Outeiro 'Pajarito' gaña o premio de teatro Maruxa Villanueva de Padrón
O galardón recoñece a interpretación da actriz no espectáculo Serie Clopen, coproducido polo Centro Dramático Galego e a compañía Pista Catro

Natalia Outeiro 'Pajarito' nunha actuacion pasada no Pino. / Cedida
Natalia Outeiro Romay, coñecida como Pajarito, foi recoñecida co XXV Premio de Intepretación Teatral Maruxa Villanueva, galardón outorgado polo Concello de Padrón, en recoñecemento pola súa interpretación no espectáculo Serie Clopen, coprodución do Centro Dramático Galego e a compañía Pista Catro.
O xurado, reunido o 10 de febreiro, ademais de polo alcalde, Anxo Arca, estivo formado por Inma López Silva, escritora e profesora da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia; o actor e profesor da Universidade da Coruña Carlos Caetano Biscainho Fernándes; Afonso Becerra Arrojo, dramaturgo, profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, membro do consello asesor do Centro Dramático Galego e membro do consello de redacción de revistas de teatro; Roberto Pascual Rodríguez, profesor da Escola Superior de Arte Dramática, dramaturgo e xestor cultural; e a funcionaria do Concello de Padrón María Cruz Taboada, que actuou como secretaria.
O xurado destacou as habilidades actorais de Natalia Outeiro Pajarito, nomeadamente no ámbito do novo circo, e destacou o seu traballo cómico para todos os públicos na Serie Clopen, o seu dominio dos tempos en escena e a elegancia do seu humor.
Natalia Outeiro recibirá un premio en metálico de 1.200 euros, un diploma acreditativo e unha figura coa imaxe da actriz Maruxa Villanueva nun acto de entrega que terá lugar nos vindeiros meses en Padrón.
Con este premio, o Concello reafirma o seu apoio á escena teatral e ao talento interpretativo galego, sumando esta iniciativa ao seu compromiso coa cultura e as letras, que tamén se reflicte no Premio de Narrativa Camilo José Cela e no Certame Poético Rosalía de Castro.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores
- El juicio por el nombramiento ilegal de la junta directiva del Compostela queda pendiente de Borja Iglesias
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro
- Galicia activa alertas por nieve, viento y lluvia: las precipitaciones pueden superar los 40 litros por metro cuadrado