Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Retoman tras cinco anos e co dobre de orzamento a mellora do vial Hospital-Brens, en Dumbría

Iniciárase en 2021, pero as demoras na execución e o seu abandono por parte da adxudicataria provocaran a resolución do contrato

Tramo da estrada que une Hospital e Brens, en Dumbría.

Tramo da estrada que une Hospital e Brens, en Dumbría. / Cedida

Dumbría

A Deputación da Coruña encargou á sociedade empresarial pública Tragsa o remate das obras de mellora da estrada DP-2302, de Hospital a Brens, no tramo de preto de 3,8 quilómetros comprendido entre os quilómetros 2+100 e 5+890, en Dumbría. O investimento ascende a 1.697.417 euros.

Os traballos foran iniciados xa en 2021, cun orzamento de 826.753 euros, pero as continuas demoras na execución e o seu posterior abandono por parte da empresa adxudicataria provocaran a resolución do contrato tras un longo proceso administrativo e xudicial.

O proxecto dará continuidade ás actuacións previstas no proxecto orixinal e incluirá melloras adicionais. Entre elas, o asfaltado de todo o tramo, a instalación de novas barreiras de protección e barandillas, a retirada de pretiles e a execución de obras para mellorar o sistema de drenaxe.

Ampliarase a sección actual para dotala de dous carrís de entre 3 e 3,25 metros de ancho e beiravías de 0,50, así como carrís de espera e cuñas nas interseccións. Contémplanse tamén a corrección de curvas e un tramo de senda na marxe esquerda de dous metros de ancho.

Tracking Pixel Contents