Sergude celebra este domingo o Entroido cos Xenerais da Ulla como protagonistas
A discoteca móbil Impacto encargarase de poñer a bailar aos veciños no peche da festa

Os Xenerais da Ulla amenizando unha festa de Entroido anterior en Sergude. / Cedida
A parroquia boqueixonesa de Sergude ten todo preparado para vivir este domingo a súa colorida festa de Entroido, que encherá as rúas de disfraces de todo tipo e contará coa agardada presenza dos Xenerais da Ulla. A celebración dará comezo ás 10:00 horas coa saída do campo da festa dos Xenerais, Correos e Coros, que percorrerán a localidade acompañados da música do grupo local Son de Gaita.
Xa pola tarde, ás 19:00 horas está prevista a chegada ao campo da festa da Parranda de Entroido, canda os Correos e os Xenerais. Tras as actuacións, procederase ao sorteo dunha carretilla con produtos carnavalescos.
Arredor das 20:00 horas están previstos os Atranques dos Xenerais da Ulla, que escenificarán os seus tradicionais enfrontamentos dialécticos por parellas nos que farán sátira de asuntos locais, de política ou do corazón acontecidos durante o ano. O fin de festa correrá a cargo da discoteca móbil Impacto.

Unha conmparsa nunha edición pasada do Entroido de Sergude. / Cedida
A celebración está organizada pola Comisión de Festexos San Bieito de Sergude, en colaboración co Concello de Boqueixón e os Xenerais da Ulla. No campo da festa haberá carpa, así como un amplo aparcadoiro gratuíto na súa contorna.
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Ganadería Xesteiro de Zas compra una vaca frisona criada en Val do Dubra por más de 5.300 euros
- Del Benidorm Fest a la verbena gallega: El Combo Dominicano recupera a su estrella
- Una pasarela salvará la senda entre Milladoiro y la Intermodal de Santiago