A Xunta apoia con 2 M€ actuacións de posta en valor do patrimonio en espazos protexidos
Ángeles Vázquez comprobou a substitución de elementos danados na área recreativa de Seaia e o acondicionamento do viario no sendeiro do Saldoiro

Ángeles Vázquez, 3ª pola esquerda, charla co alcalde de Malpica, Eduardo Parga, na área recreativa de Seaia. / Cedida
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, supervisou este venres en Malpica a substitución dos elementos danados na área recreativa da praia da Seaia, para as que o Concello recibiu unha achega da Xunta de 30.000 euros. En concreto, colocáronse novas varandas de madeira seguindo o trazado e deseño anteriores, e creouse unha nova escalinata no acceso.
Posteriormente, a conselleira visitou na localidade larachesa de Caión o sendeiro do Saldoiro, no que, ao abeiro dunha axuda de preto de 30.000 euros, substituíuse o pavimento deteriorado dun viario de 700 metros de lonxitude por outro de xabre.

Ángeles Vázquez, diante, co alcalde da Laracha, José Manuel López, no sendeiro do Saldoiro. / Cedida
Ángeles Vázquez animou a concellos, entidades e particulares a solicitar as axudas da Xunta para a preservación e mellora do patrimonio natural e cultural nos espazos protexidos da Comunidade.
Logo de explicar que xa está aberto o prazo de solicitudes -ata o 11 de marzo-, a conselleira indicou que, co obxectivo de simplificar a facilitar a tramitación destas axudas, este ano unificáronse os apoios nunha única orde que inclúe actuacións en espazos dos seis parques naturais galegos, de reservas de biosfera e Rede Natura 2000.
A finalidade destes apoios é preservar a biodiversidade, potenciar os servizos ecosistémicos e conservar os hábitats, paisaxes e elementos patrimoniais tradicionais existentes na contorna.
Entre as actuacións subvencionables están as de control e eliminación de especies exóticas invasoras, a redución e mitigación dos impactos sobre a fauna derivados das actividades humanas, a protección do solo, a realización de inventarios e estudos ou campañas de concienciación ambiental.
Tamén poden recibir axudas obras de conservación e recuperación de elementos históricos, patrimoniais ou culturais representativos ou precisos para o mantemento da paisaxe agraria, cultural ou etnográfica tradicional -pallozas, hórreos, muros de pedra, colmeas, fontes, muíños, alvarizas, terrazas de pedra ou bancais-.
A orde de axudas tamén permite apoiar proxectos de creación e mellora de infraestruturas de xestión e ordenación de usos recreativos como a creación, restauración ou adecuación de rutas, sendas e camiños rurais ou de acceso a fincas, relacionadas coa posta en valor do uso público do espazo protexido.
Ademais, subvenciónanse proxectos de sinalización orientativa, informativa ou interpretativa do espazo protexido; a creación, restauración ou adecuación de miradoiros e áreas recreativas ou centros de interpretación; e a creación ou mellora de aparcadoiros disuasorios.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Aterriza en O Eixo la primera Gran Festa Picheleira: 'Teremos dez horas de música sen parar, carpa e pulpeiro
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Galicia encara un nuevo temporal: lluvia, viento, nieve y avisos en la costa de A Coruña y Pontevedra