Malestar en Padrón: dez días sen pasar un tren rexional
O exedil de Pontecesures Luís Sabariz denuncia diante da Xunta o malestar veciñal
Trátase do treito que une Angueira de Suso e Vilagarcía de Arousa, de 27,7 quilómetros

Imagen de archivo de un tren en la estación de Pontecesures / Noé Parga
O exedil de Pontecesures Luís Sabariz denuncia o malestar veciñal debido a que, dende hai uns dez días, non circulan pola vía convencional os trens rexionais que paran nas estacións de Padrón, Catoira e Pontecesures, "ocasionándose un grave prexuizo para o cada vez maior número de usuarios do servizo nestas vilas". Trátase, segundo o seu parecer, de afectados que son "fundamentalmente traballadores, estudantes e doentes que acoden a consultas médicas e hospitais".
"Aínda que hai un servizo de autobuses alternativo, os retrasos, a necesidade de facer transbordos, as incomodidades e a desinformación está a indignar a todos xa que non se entende o que está a pasar", prosigue. Tamén tilda de "incríbel" que "logo de dez días non estean solucionadas as deficiencias, de habelas, no traxecto só de 27,7 quilómetros, nin tampouco se entenden as diferencias Renfe/Adif á hora de reanudar a circulación pola vía en cuestión". As incidencias relacionáronse, nalgúns casos, cos últimos temporais e o mantemento das infraestruturas.
Nun par de xornadas
"Sentímonos discriminados, pois nas grandes cidades do Eixo Atlántico a situación solucionouse nun par de días, pero parece que a nós deixanos nunha situación de abandono e desamparo evidente", lamenta a mesma fonte.
O escrito, remitido a Mobilidade, refírese a interrupción do servizo ferroviario na vía convencional Angueira de Suso (Padrón)-Vilagarcía de Arousa, que ten 27,7 quilómetros.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- El brunch más campero aterriza en Santiago: 16 tipos de tostadas y 10 de tortitas para desayunar entre animales de granja
- Correos cierra su oficina de O Restollal, en Santiago, ante la 'bajada de la actividad”
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- Un crack compostelano de la FP:«Quiero dedicarme a la automoción»
- El precio de la gasolina continúa subiendo y llenar el depósito ya supera los 100 euros en Santiago
- Uno de los accesos clave a Santiago estará cortado al tráfico este miércoles por las obras de la senda Milladoiro-Intermodal