Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

De landras a carballos: o programa de actividades lúdicas e educativas en familia para os cativos de Carballo

Celebraranse nas Escolas do Xardín Agra de Caldas e van dirixidas a cativos de 5 a 11 anos e aos seus proxenitores

O ciclo comeza o 21 cun contacontos e experimentos científicos

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e as edís Maica Ures e Ángeles Pacoret.

O alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e as edís Maica Ures e Ángeles Pacoret. / Cedida

Carballo

O Concello de Carballo puxo en marcha unha nova edición do programa De landras a carballos, unha iniciativa pensada para reunir actividades culturais, educativas e lúdicas dirixidas ás familias e a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos.

O ciclo estenderase de febreiro a xuño, e desenvolverase nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, sempre ás 18.00 horas.

Co obxectivo de fomentar a participación familiar, promover valores de igualdade, creatividade e pensamento crítico e ofrecer experiencias enriquecedoras para o crecemento persoal e comunitario, o mencionado programa inclúe propostas que van desde contacontos e obradoiros ata espectáculos de narración oral e dinámicas participativas.

A primeira actividade está programada para o vindeiro venres 20 de febreiro e leva por título Eu son de ciencias. Vai dirixida a cativos de máis de 5 anos e correrá a cargo da compañía Trémola Teatro.

Consistirá nun contacontos que plantexa unha viaxe pola historia de grandes científicas, con experimentos científicos en directo.

Tracking Pixel Contents