José González divulga en Valga os apoios da Xunta para fomentar o emprego e a competitividade
Por primeira vez darase prioridade a quenes recibiran previamente formación laboral financiada con recursos autonómicos

José González, durante o encontro con empresarios e empresarias en Valga. / Cedida
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou este martes ao empresariado de Valga das medidas postas en marcha este ano co fin de potenciar a empregabilidade da cidadanía e a competitividade do tecido produtivo.
Así, puxo de manifesto o esforzo da Xunta de Galicia por pechar o círculo da empregabilidade a través dunha estratexia integral de políticas activas de emprego que conecta a formación para o emprego cos incentivos á contratación, garantindo que o investimento público se traduza nun impacto real e efectivo no mercado laboral galego.
Como principal novidade, sinalou que por primeira vez se dará prioridade a aquelas persoas que recibiran previamente formación para o emprego financiada con recursos autonómicos, reforzando así a conexión directa entre as políticas formativas da Xunta e a incorporación efectiva ao mercado laboral.
No marco da renovación integral das políticas activas de emprego, destacou o novo modelo de formación para o emprego da Xunta, "máis áxil, flexible e conectado co mercado laboral, no que a demanda real das empresas marca as necesidades formativas", dixo.
Neste marco situou medidas como o decreto pioneiro de microcredenciais para o emprego e as ordes de formación en vigor, entre as que salientou as AFD, con 40 M€, e o Galicia Suma Talento: formación persoas ocupadas, dotado con 10,6 M€.
No eido das axudas, recordou que se poden solicitar na actualidade as contidas na orde única para persoas traballadoras autónomas, que inclúe achegas ao inicio, mantemento, consolidación ou reactivación da actividade (40,7 M€). Tamén os apoios á contratación indefinida por parte do colectivo (1,3 M€) e ás asociacións que o representan (350.000 €).
No seo do comercio, segundo explicou, está aberta a convocatoria destinada a impulsar o labor de dinamización dos centros comerciais abertos, cun orzamento de 2,5 M€.
Captación de talento ordenada
En relación coa captación de talento do exterior, José González referiuse ao novo escenario derivado da regulación extraordinaria de persoas inmigrantes en situación irregular anunciada polo Goberno central, que, ao seu xuízo, "evidencia falta de planificación e rigor nun ámbito que debería abordarse como política de Estado".
Fronte a iso, remarcou que "Galicia aposta por un modelo integral de inmigración ordenada, aliñado coas necesidades das empresas e baseado na integración laboral real, que se estrutura nun primeiro termo no retorno das persoas galegas do exterior e, nun segundo eixe, na atracción de talento procedente de terceiros países".
Nesta folla de ruta, apuntou, "resulta clave axilizar o traspaso das competencias das autorizacións iniciais de traballo solicitadas por Galicia para responder con eficacia ás necesidades do mercado laboral".
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- Alivio' de los precios de la gasolina en Santiago: la mayor liberación de la historia de reservas de petróleo por parte de la AIE ya se nota en los bolsillos de los compostelanos
- Ahora hasta las gasolineras venden pasteles': la confitería más antigua de Santiago que hace a mano todos sus dulces
- Una calle que da acceso a un centro sanitario en el Ensanche de Santiago permanecerá cortada al tráfico este sábado
- Un incendio en la cafetería Ferradura de la Alameda moviliza a los Bomberos de Santiago
- Nueva caída del tráfico en Lavacolla: uno de cada tres pasajeros deja de volar desde Santiago en un año
- Detenidos por intento de homicidio una mujer y su hijo tras apuñalar varias veces en el tórax a un hombre en Bertamiráns
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades