O servizo municipal de recollida salvou da rúa 602 animais en Carballo dende a súa creación en 2012
Foron adoptados 356 e reclamados outros 246
Só un 15% dos cans e gatos acollidos tiñan microchip

Un home acaricia un can nas instalacións do servizo municipal de recollida e protección aninal de Carballo. / Cedida
O servizo municipal de recollida e protección animal do Concello de Carballo permitiu que 602 animais atopasen ou recuperasen un fogar no período comprendido entre novembro de 2012 (cando se puxo en marcha, a cargo da empresa Servigal) e decembro de 2025.
Segundo os datos acumulados ao longo destes máis de trece anos, 356 animais foron adoptados e outros 246 foron reclamados polos seus propietarios, o que pon de manifesto a importancia dun dispositivo, o microchip, que non só actúa ante o abandono, senón que tamén facilita o retorno de animais perdidos ás súas familias.
Durante ese mesmo período recolléronse 995 cans, 78 gatos e 137 cadáveres de animais, actuacións que contribúen á seguridade viaria, á salubridade pública e á protección animal.
Do total de animais recolleitos ao longo destes anos, só o quince por cento estaban identificados mediante microchip, «o que evidencia a necesidade de seguir reforzando a concienciación sobre este deber legal», sinalan desde o Goberno municipal.
Segundo os últimos datos facilitados polo Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, o número de mascotas que están inscritas no municipio de Carballo é actualmente de 8.631 cans e 515 gatos.
- El bar de Santiago donde Felipe VI se despejaba los viernes: así era el mítico Zum Zum
- La playa favorita de Boris Izaguirre a 1 hora de Santiago: “Es un lugar maravilloso”
- Confirmado: en Santiago puedes denunciar a tu vecino si realiza obras sin cumplir la normativa
- Vacaciones sobre ruedas: 'Probei os cruceiros, a 'pulserita' en Punta Cana... pero como a liberdade da autocaravana non hai nada
- La pesca fluvial en Galicia arranca con 48.500 licencias en vigor y un ligero aumento de pescadores
- Una treintena de estudiantes de tres centros educativos de Santiago compitieron en la XLIII Olimpiada Gallega de Química
- Crónica social compostelana | Cocido de los alumnos de la escuela de La Inmaculada de los cursos 1959-1965
- Muere Constantino Martínez Schnackig, patrono de la Fundación Araguaney, a los 66 años