A Deputación da Coruña inviste 900.000 euros na limpeza das praias de 41 concellos
Xunto co programa de contratación de socorristas, supón a creación de arredor de 300 empregos durante a tempada estival
Carballo, Porto do Son e Ponteceso figuran entre os municipios que máis axuda reciben

Dúas persoas recollendo pellets nunha praia de Carballo. / Cedida
A Deputación da Coruña vén de publicar no Boletín Oficial da Provincia a concesión provisional do programa de limpeza de praias 2026, a través do cal financia con 900.000 euros este servizo en 41 concellos costeiros da provincia.
A finalidade do programa é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos derivados da contratación do persoal das brigadas de limpeza dos areais durante os meses de verán, así como da adquisición do material necesario para o desenvolvemento dos traballos, como vestiario, maquinaria lixeira ou combustible.
O presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso, destacou a importancia dun programa que “contribúe a que as praias da provincia da Coruña estean en condicións óptimas durante a tempada turística, ao tempo que apoia economicamente aos concellos e impulsa a creación de emprego local”.
Formoso apuntou tamén que “falamos dun investimento directo que reforza a calidade ambiental dos nosos areais e que, sumado ao programa de socorrismo, permite a contratación cada verán de arredor de 300 persoas nos concellos costeiros”.
As subvencións concedidas permiten financiar brigadas cunha duración máxima de ata tres meses, dentro do período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2026. As contías das axudas oscilan entre algo máis de 6.700 euros e preto de 31.000 euros, en función de criterios obxectivos.
Entre os concellos que reciben as subvencións máis elevadas figuran Ferrol e Carballo (con 31.000 euros ámbolos dous), Porto do Son e Ponteceso (con 29.411 euros cada un), Carnota (29.101 euros) e Ribeira (27.553 euros).
Para a baremación das solicitudes, o Goberno coruñés aplica criterios como a superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a poboación oficial de cada concello, de acordo cos datos do Instituto Nacional de Estatística.
- Anubis Dimitri, el gallego que comparte su vida con cuervos y triunfa en internet: 'Mi motor de vida es ayudar a los animales
- Giro en la hostelería de Santiago: la ciudad pierde bares pero gana restaurantes
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- María Renée, la joven que pone voz a las quejas de Pontepedriña por el proyecto 'Entre Sar e Sarela'
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Nuevo movimiento en la 'milla de oro' de Santiago: Ela Diz deja el casco histórico y se va a Xeneral Pardiñas
- Una spin-off finlandesa situada a 3.000 kilómetros de Santiago monta el nuevo superordenador cuántico para el Cesga: 'Será uno de los más potentes de Europa
- El precio de la gasolina no para de aumentar en Santiago y ya supera los 1,75 euros el litro en algunos surtidores