Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Festa da Filloa de Lestedo protagonizará o Cupón da Once

A celebración estará presente en toda España a través da venda de máis de 5 millóns de billetes o vindeiro luns 23 de febreiro

Pola esquerda, Juan  Silva, pte. da Asociación da Filloa de Lestedo; Abelardo Rendo, vendedor da ONCE da zona; Manuel Martínez, delegado territorial da ONCE; Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón; e José Antonio Riveiro, director da Axencia de Santiago da ONCE.

Pola esquerda, Juan Silva, pte. da Asociación da Filloa de Lestedo; Abelardo Rendo, vendedor da ONCE da zona; Manuel Martínez, delegado territorial da ONCE; Ovidio Rodeiro, alcalde de Boqueixón; e José Antonio Riveiro, director da Axencia de Santiago da ONCE. / Cedida

Boqueixón

A Festa da Filloa de Lestedo, declarada de Interese Turístico Nacional en 2024, estará presente en toda España a través da venda de 5 millóns de cupóns de ONCE o vindeiro luns 23 de febreiro. A cita celebrará o seu día grande este domingo 22 de febreiro na que será a súa XLIII edición, aínda que a programación comezou xa o pasado venres con diferentes actividades culturais e gastronómicas.

A presentación do cupón tivo lugar esta mañá no Concello de Boqueixón e contou coa presenza do alcalde, Ovidio Rodeiro; o presidente da Asociación da Filloa de Lestedo, Juan Silva; o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez; o director da Axencia de Santiago de Compostela, José Antonio Riveiro, e dun dos vendedores de ONCE na zona, Abelardo Rendo, así como doutros integrantes da organización do evento.

Juan Silva amosou o seu “máis sincero agradecemento” á ONCE por incluír a imaxe da “Festa dá Filloa de Lestedo no seu cupón. É un recoñecemento moi grande ao labor que se desenvolve desde a parroquia e permitiranos dar a coñecer a nosa festa en todos os recunchos de España”.

Por outra banda, o rexedor boqueixanés destacou que “é a primeira vez que a Filloa de Lestedo vai reflectida nun dos cupóns da ONCE, o que nos vai a permitir levar o nome do noso municipio por todo o país. Algo polo que estamos moi agradecidos”, concluíu.

Manuel Martínez salientou o interese que ten a ONCE por “poñer de manifesto a tradición e o patrimonio cultural do noso país”, sendo a venda dos 5 millóns de cupóns coa imaxe da Festa da Filloa de Lestedo “a nosa achega a esa posta en valor de tradicións e da gastronomía singular do noso país como esta”.

O delegado territorial de ONCE en Galicia definiu o nacemento da Festa da Filloa de Lestedo, no ano 1984, como “unha mostra de innovación social e que seguides cultivando, conservando a tradición e trasladando ás novas xeracións ese legado para que perviva”. Ao tempo, Martínez Pan estableceu un paralelismo entre a posta en marcha de exaltación gastronómica en Lestedo co paso que o cupón deu a ser de carácter nacional.

Tracking Pixel Contents