Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

María José Gómez destaca en Carballo o pulo das axudas do Leader ao emprego no rural

A conselleira de Medio Rural visitou o aloxamento turístico Espazo Nature Retreat, que recibiu 125.000 €

María José Gómez, no aloxamento turístico Espazo Nature Retreat.

María José Gómez, no aloxamento turístico Espazo Nature Retreat. / Cedida

Carballo

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou este mércores en Carballo o aloxamento turístico Espazo Nature Retreat, «que responde perfectamente ao enfoque da intervención Leader, porque dinamiza e promove o desenvolvemento rural e a creación de emprego no territorio», sinalou.

A posta en marcha do establecemento supuxo un investimento global de máis de 700.000 euros. En concreto, a axuda do programa Leader ascendeu a 125.000 euros.

A conselleira sinalou que o establecemento «aposta polas enerxías renovables e pola integración paisaxística, algo polo que acadou a certificación de turismo verde».

Asimesmo, Gómez destacou a recente publicación, a comezos deste mes de febreiro, «da maior convocatoria da historia das axudas do Leader, cun orzamento de 28,7 millóns de euros para o período 2026-2028 e cun prazo de solicitudes aberto ata o 6 de abril».

Gómez engadiu que con estes fondos apóianse tanto proxectos produtivos que xeren emprego, como o caso deste campamento turístico, como iniciativas non produtivas en beneficio do rural.

Pola súa banda, o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, dixo que «proxectos como o do glamping da praia de Razo contribúen decisivamente á configuración dunha oferta diferencial e de calidade».

«Este tipo de aloxamentos combínanse ademais con outros modelos de turismo que se están a potenciar desde a Xunta, como o turismo enogastronómico ou o activo, conformando unha proposta singular e de alto valor engadido», engadiu.

Tracking Pixel Contents