8M
Dumbría abre camiños en igualdade
Abordará o papel das mulleres nas civilizacións do Mediterráneo e no mundo celta

As actividades desenvolveranse nas instalacións do Conco. / C. D.
O Concello de Dumbría abrirá o 8M camiños en igualdade a través de tres accións: as xornadas As Mulleres na Antigüidade, unha xornada de teatro para mulleres e o reparto de abridores conmemorativos da campaña.
As actividades comezarán o venres 27 de febreiro coa celebración da xornada Teatralízate, un obradoiro de teatro para mulleres dirixido ás nais e demais mulleres das familias do alumnado do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, unha acción encamiñada á creación dun espazo de sororidade, entretemento e diversión.
As xornadas As Mulleres na Antigüidade, impartidas por Nieves García Centeno, inclúen catro sesións divulgativas nas que se abordará o papel das mulleres nas grandes civilizacións do Mediterráneo e no mundo celta.

Cartel promocional das actividades do 8M en Dumbría. / Cedida
As sesións celebraranse os días 7, 14, 21 e 28 de marzo ás 11.30 horas nas instalacións municipais do Conco. Ao longo das xornadas trataranse cuestións como a independencia xurídica das mulleres no Antigo Exipto, a influencia feminina na Roma Antiga, o contraste entre mito e realidade na Grecia Clásica e o prestixio das mulleres no mundo celta.
A actividade está dirixida a todos os públicos e contará con entrada libre ata completar aforo.
Dereitos e oportunidades
Desde o Concello de Dumbría sublíñase que "a igualdade non se limita a unha data concreta e reafírmase o compromiso coa igualdade real de homes e mulleres durante todo o ano, incorporando a perspectiva de xénero de maneira transversal nas políticas e accións municipais, co fin de avanzar cara a un futuro con máis dereitos e oportunidades para toda a veciñanza".
- Sirat', del gallego Óliver Laxe, suma un premio clave en su camino a los Premios Oscar 2026
- Viajar en coche de Santiago a Vigo o A Coruña por la AP-9 supera el coste de un vuelo de ida y vuelta a Barcelona
- Rosa Crujeiras se convierte en la primera rectora de la USC en sus 531 años de historia
- Pescadores y cazadores gallegos podrán usar la licencia interautonómica en diez comunidades a partir de 2026
- Muere Antón Louro, figura clave del PSdeG en la llegada de Touriño al poder
- Tiendas de pesca de Galicia apuran las ventas ante la inminente apertura de la temporada de río: 'Esta semana es una fiebre
- El precio de la gasolina se desboca en Santiago y rompe la barrera de los 2 euros el litro
- Crujeiras, primera rectora de Galicia, consolidó su triunfo entre el profesorado: Flores solo la superó en cuatro facultades